Compostaxe en Poio

Descarga aquí a guía de compostaxe comunitaria e dalle unha nova vida ao teu lixo

A compostaxe é un proceso de transformación natural dos residuos orgánicos (restos de comida, da horta, desbroces, céspede ,triturado de podas….) para obter compost, un abono de alta calidade que serve para enriquecer a terra mellorando a súa fertilidade e saúde.

A compostaxe, ademáis de producir compost, contribúe dun xeito moi importante á mellora da nosa contorna por moitas razóns:

Os residuos orgánicos son os máis abundantes en peso de todo o lixo que xera cada persoa en Galicia e son os únicos que se poden tratar no lugar onde se producen de xeito sinxelo e natural polo que a xestión deles é a máis eficiente económica e ambientalmente contribuíndo ó chamado “quilómetro cero” onde non hai custes engadidos na recollida, transporte e tratamento industrial e reducimos emisións á atmósfera derivados disto.

1

Contribúe ó cumplimento da normativa en materia de residuos.

2

Crea unha cultura de coñecemento e conciencia ambiental na nosa contorna, facendo que as persoas teñan uns hábitos de consumo máis sustentables.

3

Devolvémoslle á terra o que a terra nos dá.

COMPOSTAXE EN POIO

Compostaxe
doméstica

O concello de Poio pon a disposición da veciñanza composteiros domésticos de 320 litros de capacidade para instalar no xardín ou horta destinados a xestionar os restos de comida mesturados con restos da horta, podas trituradas de árbores e arbustos, céspede, follas….

A Mestra composteira do concello entrega de xeito gratuíto estes composteiros xunto cun aireador,  un cubo para separación no fogar e un manual.

A entrega faise no lugar onde se realiza a charla formativa para explicar como facer correctamente o proceso de compostaxe.

Podes solicitalo no teléfono 604 025 288.

O concello de Poio pon a disposición da veciñanza de xeito gratuíto biotrituradoras eléctricas para a trituración de polas de árbores e arbustos de ata 4,5 cms de diámetro, podas de viña e kiwi, canas ou outros materiais leñosos.

Este triturado pódese empregar para mesturar no composteiro cos restos de comidas ou como acolchados na horta ou xardín evitando así as queimas de rastroxos.

Compostaxe comunitaria

O concello de Poio ten instalados na parroquia de San Salvador 6 centros de compostaxe comunitaria onde os veciños da contorna poden depositar os seus restos de comida. Estes centros están xestionados pola mestra composteira que se encarga do mantemento e reparto do compost resultante entre os veciños de Poio.

Podes apuntarte no teléfono 604 025 288 e darémosche un folleto de instrucións e un cubo para a separación no fogar dos restos orgánicos.

Parque de Ferreirós

2 Centros de compostaxe ao carón do parque infantil

Avenida de Andurique

Ao carón da Policía Local

Rúa Valiña

Rúa Río Miño

Na Caeira

Rúa Oliveira

Aparcadoiro do Parque Ánkar

COMPOSTAXE EN POIO

Guía de compostaxe comunitario

Scroll al inicio