Facebook
Twitter
Youtube
Contacto

Dada a previsión aportada por AEMET na que se nos informa dun Fenómeno Metereolóxico Adverso de NIVEL LARANXA por VENTO e CHOIVA. Na que se esperan refachos de vento de ata 120 km/h e precipitacións acumuladas nunha hora de 30l/m2 e en 12h de ata 90l/m2 para a xornada de maña domingo día 10 de decembro.

Pregámoslle aplique as medidas de prevención adecuadas para este tipo de fenómenos que podemos resumir nas seguintes:

VIA PUBLICA

  • Retirar na medida do posible aqueles árbores ou obxetos que o vento poda botar sobre a rúa. Prestando especial atención os contenedores de basura.
  • Sinalizar ou evitar o paso da poboación preto de edificios ruinosos, paneis publicitarios, pancartas, andamios e obxetos que se poidan derrubar polo vento
  • Limpar as bocas dos sumidoiros para evitar atascos que den lugar a anegamentos.
  • Nas zonas ou vias que habitualmente se anegan cando se producen este tipo de fenómenos sinalizalas ou impidir o tránsito peonil e rodado.

PARQUES E XARDINS

  • Recomendase pechar parques e xardíns en zonas urbanas que conten con árbores e arbustos.
  • Pechar o transito peonil as rutas de senderismo e paseo que contan con árbores e que transcurren por zonas urbanas

AMBITO MARITIMO

  • Asegurar o amarre correcto de embarcacións.


PRAIAS E ZONAS COSTEIRAS

  • A autoridade local debe sinalizar rúas, camiños e paseos marítimos que queden temporalmente cortados pola oleaxe.
  • Recomendase na medida do posible pechar paseos marítimos, así como pescar dende os límites costeiros, especialmente espigóns e zonas acantiladas.


Así mesmo manteñan en alerta os servizos de emerxencia cos que conta o seu concello. Así como operativos aquelos medios de emerxencia que dispoña para atender as incidencias relacionadas con este fenómeno metereolóxico.

Ante calquera emerxencia non se esqueza de chamar o CAE 112.

Axenda Municipal

12 Dec 2017
08:00AM -
Comisión de Urbanismo
13 Dec 2017
08:00AM -
Comisión Educ. Cult. e Dep.
18 Dec 2017
08:00AM -
Comisión Facenda, Gob. e Contas
19 Dec 2017
08:00AM -
Comisión de Urbanismo
26 Dec 2017
09:00AM -
Comisión de Urbanismo

Vindeiros Eventos

30 Dec 2017
07:00 PM - 10:00PM
Os Bolechas - “Un Conto de Nadal”
Go to top