Facebook
Twitter
Youtube
Contacto

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se efectúa a convocatoria para o acceso ás bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas.

[Descargar Documento Orixinal]

Artigo 1. Obxecto

1. Efectúase a presente convocatoria para a elaboración de tres bolsas de ámbito autonómico para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Elaborarase unha bolsa por cada unha das seguintes subescalas: a) Secretaría-intervención. b) Intervención-tesouraría. c) Secretaría.

2. A presente convocatoria réxese polas disposicións contidas na Orde do 30 de novem- bro de 2017, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG núm. 229, do 1 de decembro), en especial polo disposto no seu capítulo II que establece as bases das bolsas para a selección de persoal interino.

3. Este procedemento habilítase na sede electrónica da Xunta de Galicia co código PR410A e os modelos correspondentes están dispoñibles no enderezo https://sede.xunta.gal

Artigo 2. Requisitos xerais

1. As persoas aspirantes a formar parte de calquera das tres bolsas que agora se convocan deberán reunir, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os requisitos xerais establecidos no punto 1 do artigo 3 da Orde do 30 de novembro de 2017 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 229, do 1 de decembro).

2. Respecto da titulación exixida, as persoas candidatas deberán posuír, ou estar en condicións de obter na data de nalización do prazo de presentación de instancias, calquera das seguintes titulacións:

a) Para a subescala de secretaría-intervención

Licenciado en Dereito, licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, licenciado en Socioloxía, licenciado en Administración e Dirección de Empresas, licenciado en Eco- nomía, licenciado en Ciencias Actuariais e Financeiras ou o título de grao correspondente.

b) Para a subescala de intervención-tesoraría

Licenciado en Dereito, licenciado en Administración e Dirección de Empresas, licenciado en Economía, licenciado en Ciencias Actuariais e Financeiras ou o título de grao correspondente.

c) Para a subescala de secretaría:

Licenciado en Dereito, licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, licenciado en Socioloxía ou o título de grao correspondente.

Artigo 3. Presentación de solicitudes

1. Para ser admitidas na presente convocatoria, as persoas interesadas presentarán a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que se incorpora a esta resolución como anexo I.

A titulación e formación exixidas para participar neste procedemento permite aos as- pirantes acceder e dispoñer dos medios necesarios para a presentación de solicitudes e realización doutros trámites regulados nesta resolución utilizando só medios electrónicos, dando así cumprimento á previsión do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do procedemento admi- nistrativo común das administracións públicas.

2. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día se- guinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, re- quiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efec- tos, considerarase como data da presentación de solicitude aquela en que fose realizada a dita emenda.

4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identi cación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

5. As persoas solicitantes terán que cubrir debidamente todos os campos obrigatorios exixidos no formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede. xunta.gal) e indicarán necesariamente a subescala ou subescalas en que solicitan a súa inclusión, así como a zona de preferencia en que desexen estar incluídas. No caso de haber solicitudes que non indiquen todo o anterior, serán rexeitadas sen máis trámites.

6. As solicitudes conterán, ademais, unha declaración responsable de que cumpre cos requisitos xerais sinalados no artigo 3.1 da citada Orde do 30 de novembro de 2017, de que ten acreditado o coñecemento do idioma galego segundo o disposto no artigo 3.2.b) desa mesma orde, se for o caso, e da veracidade da relación de méritos que alega dos sinalados no artigo 4 tamén desa mesma orde.

7. Teranse en conta unicamente aqueles requisitos e méritos que as persoas interesa- das fagan constar expresamente na súa solicitude de incorporación á bolsa e que queden debidamente acreditados.

Artigo 4. Documentación complementaria necesaria para a tramitación

1. As solicitudes virán acompañadas da documentación acreditativa dos méritos alegados:

a) Certificado da secretaría da corporación local correspondente sobre os servizos pres- tados en postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional en virtude de nomeamento accidental ou interino.

b) Certificación acreditativa emitida polo órgano competente dos exercicios superados da oposición de acceso á escala de funcionarios de la administración local con habilitación de carácter nacional, onde conste a orde de convocatoria a que corresponden, así como os exercicios superados en cada caso.

c) Certificado ficial que acredite o coñecemento da lingua galega con nivel Celga 4, para aqueles que non dispoñan do dito título.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consulta- dos ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se re re o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria pre- sencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código (PR410A) e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 5. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos relativos á nacionalidade, idade e titulación das persoas participantes e incluídos nos se- guintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI da persoa solicitante.

b) Títulos o ciais universitarios que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educa- ción e que dean acceso á subescala en que se inscriba.

c) Título Celga 4.

2. No caso de que as persoas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 6. Realización da proba tipo test e da proba de coñecemento de galego

1. Os candidatos que resulten admitidos de nitivamente serán convocados pola Direc- ción Xeral de Administración Local no prazo dun mes para a realización da proba tipo test que versará sobre o temario relacionado para cada subescala no anexo I da Orde do 30 de novembro de 2017.

2. O exame sobre o temario consistirá na realización de 60 preguntas tipo test das cales 30 serán comúns e 30 especí cas para cada subescala.

3. A duración total da proba sobre o temario será de 120 minutos.

4. Cada aspirante realizará as preguntas especí cas propostas para cada unha das subescalas en que estea inscrito.

5. Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no mesmo lugar en que se realizou e na páxina web de Eido Local.

6. O exercicio cuali carase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mí- nimo de 30 puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se descontará unha correcta.

7. Así mesmo, as persoas aspirantes que non acrediten o coñecemento do idioma gale- go no momento da presentación de solicitudes, serán convocadas para a realización da co- rrespondente proba o mesmo día da realización da proba tipo test sobre o temario. A proba de coñecemento de galego consistirá nunha tradución de dous textos, un en galego para traducir ao castelán e outro en castelán para o galego nun tempo máximo de 90 minutos.

Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electrónicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Noticacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos realizaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administra- tivo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de noti cación elec- trónica de Galicia Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das noti cacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitu- de. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de noti cación efectuada e a súa falta non impedirá que a noti cación sexa considerada plenamente válida.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse realizadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. En todo caso, entenderase rexeitada a noti cación cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da noti cación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da noti cación electrónica non for posible por problemas técnicos, a no- ti cación realizarase polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Disposición adicional única. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun cheiro denominado «Relacións administrativas coa cida- danía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste cheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Os dereitos de acceso, recti cación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2017

Marta Fernández-Tapias Núñez Directora xeral de Administración local

 

 

 

Go to top