Facebook
Twitter
Youtube
Contacto
I Congreso de Historia del Turismo

O Mosteiro de San Xoán de Poio (Pontevedra) será a sede da celebración do I Congreso de Historia do Turismo. "Los orígenes del turismo en España, 1900-1939. El nacimiento de un país de turismo”, que se celebrará durante os días 6, 7 e 8 de xuño de 2017. Inscrición aberta. [Máis información]


Este congreso está promovido polo proxecto de investigación coordinado Historia do Turismo en España durante o século XX: Desenvolvemento e traxectorias rexionais (Referencia: HAR2014-52023-C2-1-P) e Historia do turismo en Galicia. Orixes e desenvolvemento no século XX (Referencia: HAR2014-52023-C2-2-P), financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade. Conta co soporte institucional da Universidade de Vigo.

Exposto cun carácter interdisciplinar, co fin de explicar as orixes e as liñas de desenvolvemento do incipiente sistema turístico español, o Congreso convocou a 25 especialistas, que abarcan as disciplinas da Antropoloxía, Arquitectura, Biblioteconomía e Documentación, Ciencia política, Xeografía, Historia política e cultural, Ciencias da Información e Historia Económica. Coordínano Carlos Larrinaga (Universidade de Granada) e Rafael Vallejo (Universidade de Vigo), e conta cun Comité organizador do que forman parte Elvira Lindoso (Universidade da Coruña), Margarita Vilar (Universidade da Coruña) e Beatriz Correyero (Universidade Católica de Murcia).

 

 

 

Axenda Municipal

Sen eventos
Go to top