Os hábitos que imos adquirindo ao longo da nosa vida son fundamentais para previr posibles enfermidades e desfrutar da vida plenamente. Tendo en conta que somos o que comemos, dende a Concellería de Sanidade e Saúde, que dirixe o nacionalista Xose Lodeiro, van por en marcha un programa de alimentación saudable. Este curso, impartido pola graduada en Nutrición Humana e Dietética, Monse Torres, ten como obxectivos xerar a sensación de capacidade e aumentar o empoderamento facendo as persoas coñecedoras de como alimentarse correctamente.

Ao longo de 12 sesións (Marzo-Xuño 2017), mediante ferramentas audiovisuais, dinámicas grupais e individualizadas, etc... coñeceremos o noso estado nutricional, enfermidades que derivan dunha inadecuada alimentación, falsos mitos alimentarios, técnicas para aforrar na cesta da compra, taller sobre o etiquetado dos alimentos, elaboracións de menús, .....  O curso impartirase os venres en sesión de dúas horas de duración (de 17 a 19 h) no Locais Municipais de A Reiboa (A Seca).

Máis información e inscrición nas oficinas municipais e no teléfono 986770001.

Máis información

Video Programa

Poio tamén ten viño con Indicación Xeográfica Protexida

IGP Ribeiras do Morrazo é o novo selo de calidade vitivinícola de Galicia que engloba, ademáis do Concello de Poio, os de Bueu, Cangas do Morrazo, Marín, Moaña, Pontevedra, Redondela e Vilaboa. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 23 de setembro a resolución favorable para a creación desta Indicación Xeográfica Protexida, e agora comezan os trámites para o seu recoñecemento europeo.

Ler máis...

Día da Patria 2017 - Programa

 

 

O Día da Patria Galega commemórase todolos anos o 25 de xullo en Galicia, e en Poio, como non podería ser doutro xeito imos celebrar esta festividade. O  prazo para solicitar as bandeiras que remata o venres 21. Aquí está o programa completo.

Ler máis...

Festival de Curtas Armadiña 2017

Unha das novidades máis salientábeis da nova edición do CURTAS ARMADIÑA, organizado pola ACDeM Armadiña, é a incorporación dunha sección dedicada ao mellor vídeo musical en galego dos dous últimos anos. Esta iniciativa encádrase dentro das medidas para o fomento do galego que o colectivo vai amosar dentro da programación do festival audiovisual, que este ano se celebrará do 13 ao 19 de novembro.

Ler máis...

I Concurso de Fotografía Festa da Ameixa 2017

Bases I Concurso de Fotografía Festa da Ameixa 2017

  • Prazo de admisión das fotografías do 1 ao 31 de agosto
  • Presentación das fotografías a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Máximo duas obras por participante

Lecer Consumo: educando no consumo responsable

LecerConsumo é un programa estacional que desenvolve a Escola Galega do Consumo nos meses de verán. A través do concepto de lecer responsable trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo: a publicidade, o comercio xusto, ou as TIC.  VER PROGRAMA COMPLETO

Ler máis...