A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa "Depo Aventura A Lanzada" 2017 e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra.

Este programa ofrece a posibilidade de que 2.200 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de marzo ao 3 de abril de 2017
Bases [PDF]
Folleto Informativo [PDF]
Máis Información
Formulario de Preinscrición

Para calquera dúbida pódese contactar coa OMIX do Concello sita no Centro Social "Casa Rosada" e tamén no teléfono 986 770 001 Ext. 1400