Dende a Oficina de Rehabilitación dependente da Concellería de Patrimonio do Concello de Poio en colaboración con distintas entidades, celebraremos as xornadas debate "AS PALLEIRAS DE COMBARRO" que terá lugar na Escola de Campo os vindeiros 5 e 6 de maio cunha andaina de remate polo Casco histórico da Vila.

Estas xornadas seguen as liñas de actuación da ARI Combarro, neste caso o de poñer en relevancia o valor e función dos hórreos na creación e desenvolvemento da paisaxe cultural do conxunto histórico-artístico de Combarro. Reflexións e debate sobre o presente e futuro destas construcións adxectivas singulares.

PROGRAMA [PDF]

As Palleiras de Combarro - PROGRAMA


VENRES 5 MAIO

16:30 Presentación das xornadas debate “AS PALLEIRAS DE COMBARRO”

I Parte: o pasado

16:45 ARQUITECTURA DO PAN, ARQUITECTURA DO TERRITORIO E E DA VIDA | D. Andrés Dacosta. Redactor conferencia D. Rafael Vallejo. Asociación A Solaina

17:30 LÓXICA CONSTRUTIVA DO CONXUNTO HISTÓRICO | D. Francisco Guerra - Arquitecto Técnico

Pausa café

II Parte: o presente

18:45 ESTADO DE CONSERVACIÓN E USO DOS HÓRREOS | Persoal da Oficina Municipal de Rehabilitación

19:30 RETOS ACTUAIS | Mesa Redonda e coloquio conferenciantes

20:00 Peche da xornada


SÁBADO 6 MAIO

09:30 Apertura da xornada
09:45 A PERSPETIVA DOS/AS AXENTES IMPLICADOS/AS | Representantes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do Concello de Poio, dos colexios profesionais, da Oficina da ARI e Propietarios/as dos hórreos* (*intervencións máximo 15 minutos)

Pausa café

III Parte: ¿o futuro?

11:30 CONCLUSIÓNS/PROPOSTAS/ACORDOS/IDEAS | Mesa Redonda e coloquio conferenciantes

12:30 ANDAINA “A ARQUITECTURA DO PAN” | Asociación A Solaina

14:00 Clausura das xornadas

Plan de Seguridade e Tráfico Festas de San Xoán 2017

Lidia Salgueiro, concelleira de Cultura e Festexos e Antonio Duarte - Inspector Xefe da Policía Local de Poio, presentaron hoxe no Casal de Ferreirós o Plan de Seguridade e Tráfico das Festas de San Xoán 2017. O plan deseñouse para velar pola seguridade da veciñanza de Poio e tódolos asistentes ás nosas festas patronais. Pódese ver o dispositivo de seguridade e tráfico nun mapa interactivo habilitado para a consulta de tódolos asistentes.

Ler máis...

I Festival da Memoria con Arte

A Asociación RE-Creo, afincada no Concello de Poio, co apoio da Concellería de Cultura e Festexos, dirixida por Lidia Salgueiro, están a organizar I Festival da Memoria con Arte.Trátase dun proxecto, cuxo obxectivo principal é lograr a implicación e a participación activa das persoas no coidado e desenvolvemento do seu patrimonio e que entre todos e todas sexan capaces de contribuír a crear un espazo-tempo de encontro e interrelación colectiva nun dos entorno mais privilexiados do Concello de Poio, O Parque da Memoria.

Ler máis...

Plan de Tráfico CEIP Isidora Riestra por mor das Festas de San Xoán 2017

A partir do día 19 de xuño e ata remate do curso escolar, co motivo da montaxe dos postos de feira, atraccións e similares por mor das Festas de San Xoán haberá cambios nos accesos e aparcamentos ó CEIP ISIDORA RIESTRA. A Policía Local de Poio deseñou un plan de tráfico para a saída e entrada dos autobuses escolares así como para a levar e recoller ós nenos de xeito que se poida facer con seguridade e comodidade para as familias. Clique no enlace para ver o mapa.

Ler máis...

Actividades Benestar Social e Mocidade Verán 2017

Este verán poderás desfrutar dunha chea de actividades tanto para os adultos como para a mocidade no noso concello. Este ano amplíase a oferta. Para inscripcións ou información enviade un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ó número 986 770 001, Ext. 1408, 1405.

Ler máis...

Actividades Deportivas Verán 2017

Oferta de actividades deportivas para este verán no Concello de Poio. ¡Non quedes na casa¡

Ler máis...