Un ano máis o Concello de Poio organiza diferentes actividades para festexar o Día das nosas letras. As actividades non só se enmarcan no propio día 17 de maio, senón que se distribúen ao longo de todo o mes de maio, con diferentes alternativas.    

“Filipa” cos contos | Luns 15 de Maio | 18:00 horas.

Dentro do programa Ler conta moito. Sesión de contos teatralizada e con música e cancións en directo a cargo dunha contadora moi especial, "Filipa", (un moneco "muppet"). Unha señora maior e moi faladeira, que dará conta das historias populares nos que os valores e as ensinanzas están sempre presentes. Os contos de carácter infantil e xuvenil de Carlos Casares son o outro cincuenta por cento do seu repertorio, co que repasará historias tan coñecidas como "A Galiña azul", "Lolo" ou "Toribio", o neno inventor.Todo isto, acompañado de música, guitarra e voz, coa que iremos amenizando contos e historias, conseguindo unha narración máis amena e un participación de nenos e maiores.


Carreira Popular Pola Lingua | Mércores 17 de maio | 11 h. Peirao de Raxó

Realizada en colaboración coa Concellaría de Deporte. Os primeiros clasificados de cada categoría recibirán como agasallo un lote de libros en lingua galega, composto por unha libreta e a revista A Raxeira, reeditada para conmemorar o 25 aniversario do Concurso Literario.

Anexo I: Bases da carreira


Centro Cultural Xaime Illa Couto | 17:30 h. Salón de Actos | Mércores 17 de maio

Descargar Programa Completo [PDF]

  • Conferencia polo Día das Letras Galegas a cargo da escritora e periodista Montse Fajardo. Ven de publicar o libro Un cesto de Mazás, que recolle 16 historias sobre as mulleres, fillas e nais dos represaliados despois do 36.
  • Acto de Entrega de Premios do Concurso Literario Xaime Illa Couto, polo Consello Municipal de Cultura, xurado deste concurso. Lectura dunha escolma de traballos gañadores, se así o quixesen @s autores.
  • Servizo de Lúdico de Atención a Infancia (Anexo II)
  • Animación Musical e recital poético, a cargo do pianista argentino Juan Carlos Camba, que interpretará poemas de Rosalía de Castro.
  • Clausura do acto coa interpretación do Himno pola Escola de Música Tradicional.

POIO ESCENA Avelaiña Teatro presenta: A LOLA. | Venres 19  Maio | 21:00 horas Centro Cultural Xaime Illa Couto

A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus seres queridos, arrebatados polo terror franquista. A súa trama está determinada polo que se denomina o "pasado non ausente" ou sexa, polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma. .Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte ao proxecto constitucional-republicano de progreso e liberdade.


CÓNTAME UN CONTO  A Galiña Azul de Casares | Domingo 28 de maio | 17:30 horas no Centro Cultural Xaime Illa Couto

Ás 17:30 horas no Centro Cultural Xaime Illa Couto, Raxó, A Galiña Azul de Casares versionada por Fran Rei, coa colabaoración da Deputación de Pontevedra (Pontegal).


A Galiña Azul de Carlos Casares |  luns 29 de maio | Horario Pendente Centro Cultural de Raxó.

Representación de A GALIÑA AZUL de Carlos Casares. Nesta ocasión grazas a colabroación da Editorial Galaxia, dirixido ao alumnado dos CEIPs do Concello. Vai ter lugar no Centro Cultural de Raxó. Pendente da hora, por confirmar polos Centros Educativos.