Este programa esta dividido en dúas partes, por un lado a seguridade para evitar roubos, furtos e estafas e por outro como mellorar a Seguridade viaria no entorno dos maiores do Concello.

1º Seguridade na vía pública, no domicilio, en internet e nos viaxes.

O obxectivo principal é evitar que sexan vítimas de roubos, furtos, estafas ou timos, nos seus domicilios ou vías públicas, así como disuadir a terceiras persoas de cometer estes feitos delituosos.

En España hai máis de sete millóns de persoas que superan os 65 anos, e preto dun 20% viven soas. Se os maiores son sempre un branco fácil para os ladróns, máis aínda se están sós na casa, viven nunha zona afastada ou pouco frecuentada ou nunha comunidade de veciños envellecida. Por iso, nestes e en todos os casos, para evitar roubos nos seus fogares convén extremar as precaucións e aínda que teñan un sistema de alarma non hai que pecar de confiados, sempre é mellor ser precavidos que arrepentirnos logo.

Entre os consellos de seguridade na vía pública atópanse os seguintes:

  • Camiñe pola parte interior da beirarrúa, colocando o bolso no lado da parede.
  • Evite facer ostentación de xoias ou outros obxectos de valor e protexa o seu bolso ou carteira nas grandes aglomeracións.
  • Non acepte ningunha proposta que lle ofrezan pola rúa, por vantaxosa que lle pareza. De seguro será unha estafa.

En canto á seguridade nos domicilios, os consellos son os seguintes:

  • Non abrir a porta da súa casa ou porteiro automático a persoas descoñecidas.
  • Desconfiar sempre de quen chame á súa porta ofrecéndolle calquera cousa. O delincuente utilizará calquera escusa para entrar na súa casa.
  • Ter coidado cos servizos técnicos que non fosen solicitados por vostede ou pola súa familia.
  • Identificar a todos os empregados que deban efectuar reparacións, revisións ou cobros no seu domicilio.
  • Cando reciba chamadas telefónicas, nunca facilite os datos persoais ou bancarios.

2º Educación e Seguridade viaria para persoas maiores en Poio.

Entre as causas máis repetidas de accidentes de tráfico nos que interveñen persoas maiores, temos:

  • cruzamento de rúas fora do paso de peóns
  • adiantamentos indebidos
  • xiros equivocados
  • falta de atención á sinalización
  • non ceder o paso cando outro ten preferencia
  • inxesta de alcohol e medicación

As dificultades que os maiores se atopan en relación co tráfico derívanse principalmente da perda de visión e audición, mobilidade reducida e insegura e efectos secundarios provocados polos medicamentos inxeridos.

Pero ademais dos aspectos sensoriais, cognitivos ou motores, é necesario ter en consideración a notable influencia dos cambios nas infraestruturas físicas (incluíndo o deseño do vehículo) e as actuais políticas reguladoras e administrativas.

En moitos países da OCDE as persoas maiores de 64 anos representarán 1 de 4 habitantes, triplicándose a proporción de maiores de 80 anos ao redor de 2050. Este envellecemento das sociedades fai necesaria unha coidadosa planificación dirixida a atender as necesidades que xurdan nos seus diferentes desprazamentos e patróns de actividade, para que os maiores gocen, e gocemos, de mobilidade e seguridade ao longo da vida, xa que aínda que as súas expectativas de vida na actualidade son máis longas, son máis activos e as súas vidas máis saudables, as perdas funcionais progresivas e a discapacidade seguen moi presentes.

A evidencia dispoñible indica que en accidentes graves é máis probable que os condutores maiores resulten falecidos ou feridos en maior medida que outros. Os condutores con máis de 75 anos de idade mostran unha probabilidade 3 veces maior de falecer que os de 20 anos, e naqueles de máis de 80, a probabilidade é 6 veces maior.

No proceso de envellecemento hai determinadas circunstancias nas que a condición de peón adquire unha maior importancia. Cando abandonan a condución, voluntariamente ou non, cando non dispoñen de medios de transporte alternativos, ou en desprazamentos curtos, convértese no principal medio de desprazamento, especialmente entre as mulleres a partir dos 70/75 anos.

Aínda que para os maiores andar é unha actividade fundamental non só para realizar as tarefas cotiás (comprar, ir ao médico, o banco...), manter a súa rede social (familia, amigos, veciños...) ou como exercicio físico para manter un bo estado de saúde, hai que ter en conta que os atropelos neste grupo de idade constitúe un importante problema de seguridade viaria tanto pola súa extensión como pola súa severidade.

Por todo iso, e para o caso concreto das persoas maiores residentes en Poio, municipio de baixa densidade de poboación, vemos a necesidade de desenvolver un programa co obxectivo de:

- Informarlles e/ou actualizar os seus coñecementos sobre as normas, sinais de tráfico, aplicacións das novas tecnoloxías que inflúen na súa seguridade viaria

- Darlles a coñecer os factores de risco e principais causas dos accidentes de tráfico nos que ven involucrados

- Facilitarlles ideas e recomendacións que lles axuden a manter un estado saudable que, permítanlles seguir conducindo, usando outros transportes ou desprazándose a pé de maneira segura para eles e para os demais usuarios das vías

- Incidir nas condutas peonís seguras adaptadas ás características da contorna na que habitualmente se moven a pé

Plan de Seguridade e Tráfico Festas de San Xoán 2017

Lidia Salgueiro, concelleira de Cultura e Festexos e Antonio Duarte - Inspector Xefe da Policía Local de Poio, presentaron hoxe no Casal de Ferreirós o Plan de Seguridade e Tráfico das Festas de San Xoán 2017. O plan deseñouse para velar pola seguridade da veciñanza de Poio e tódolos asistentes ás nosas festas patronais. Pódese ver o dispositivo de seguridade e tráfico nun mapa interactivo habilitado para a consulta de tódolos asistentes.

Ler máis...

I Festival da Memoria con Arte

A Asociación RE-Creo, afincada no Concello de Poio, co apoio da Concellería de Cultura e Festexos, dirixida por Lidia Salgueiro, están a organizar I Festival da Memoria con Arte.Trátase dun proxecto, cuxo obxectivo principal é lograr a implicación e a participación activa das persoas no coidado e desenvolvemento do seu patrimonio e que entre todos e todas sexan capaces de contribuír a crear un espazo-tempo de encontro e interrelación colectiva nun dos entorno mais privilexiados do Concello de Poio, O Parque da Memoria.

Ler máis...

Plan de Tráfico CEIP Isidora Riestra por mor das Festas de San Xoán 2017

A partir do día 19 de xuño e ata remate do curso escolar, co motivo da montaxe dos postos de feira, atraccións e similares por mor das Festas de San Xoán haberá cambios nos accesos e aparcamentos ó CEIP ISIDORA RIESTRA. A Policía Local de Poio deseñou un plan de tráfico para a saída e entrada dos autobuses escolares así como para a levar e recoller ós nenos de xeito que se poida facer con seguridade e comodidade para as familias. Clique no enlace para ver o mapa.

Ler máis...

Actividades Benestar Social e Mocidade Verán 2017

Este verán poderás desfrutar dunha chea de actividades tanto para os adultos como para a mocidade no noso concello. Este ano amplíase a oferta. Para inscripcións ou información enviade un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ó número 986 770 001, Ext. 1408, 1405.

Ler máis...

Actividades Deportivas Verán 2017

Oferta de actividades deportivas para este verán no Concello de Poio. ¡Non quedes na casa¡

Ler máis...