Este verán poderás desfrutar dunha chea de actividades tanto para os adultos como para a mocidade no noso concello. Este ano amplíase a oferta. Para inscripcións ou información enviade un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ó número 986 770 001, Ext. 1408, 1405.

PARA ADULTOS

CURSO DE XIMNASIA (TAICHI) NA CASA ROSADA

HORARIO: luns, mércores e venres de 10.00 a 11.00 horas.


 CURSO DE MEMORIA ( ESCOLA OBRADOIRO DA SECA)

HORARIO: Martes e xoves de 10.00 A 11.00 h. (Xullo)


TALLER DE ARTES DECORATIVAS (Escola de Música de Campelo)

HORARIO: luns de 17.30 a 20.30 h.

 

OUTRAS ACTIVIDADES DE INTERESE

Do 16 ó 30 de xuño EXPOSICION “MANS VIVAS”: mostra de traballos elaborados polo alumnado dos cursos do centro social. Pódese disfrutar desta mostra en horario de apertura do centro social.

Día 7 de xullo (venres), SARDIÑADA TERCEIRA IDADE. Ás 19.00 horas comeza a festa cun baile e sobre as 20.00h reparto das sardiñas na finca do centro social.

Día 31 de xullo (luns), CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS.

 

PARA MOCIDADE

CURSO DE INFORMÁTICA FACIL E DIVER (DE 8 a 15 ANOS), 16 SESIÓNS

HORARIO: martes e xoves de 10.30 a 12.00 e de 12.00 a 13.30 h ( dous grupos)

LUGAR: Casa da Mocidade( Finca Besada)


CURSO DE DESEÑO GRÁFICO ( A PARTIR DE 15 ANOS)

HORARIO: venres de 11.00 a 12.30 h.

LUGAR: Casa da Mocidade (Finca Besada) 


ZUMBA (A PARTIR DE 8 ANOS)

HORARIO: Os luns e mércores de 11.15 a 12.15 h.

LUGAR: Salón do centro social


TALLER DE MANUALIDADES CREATIVAS (A PARTIR DE 8 ANOS), 8 SESIÓNS

HORARIO: Os martes de 11.00 a 12.30 h.

LUGAR: Centro de Servizos Sociais

 

TALLERES EN ESPAZOS ABERTOS DO MUNICIPIO

  • Praza Romay Besada- Samieira: 11 e 13 de xullo ( martes e xoves)
  • Praza da Granxa (Campelo) : 18 e 20 de xullo ( martes e xoves )
  • Paseo de Lourido : 26 de xullo ( mércores)
  • Local veciñal Vllaríño : 8 e 10 de agosto ( martes e xoves)
  • Praia de Raxó : 16 e 17 de agosto (mércores e xoves)
  • Praza de Chousa ( Combarro): 22 e 23 de agosto ( martes e mércores)

Excepto en Lourído que a actlvldade desenvolvese en horario de tarde no resto das parroqulas a convocatoria é ás 11.30 h.

 

FESTA FIN DE VERÁN e BENVIDA DO NOVO CURSO

Día 15 de setembro (venres) ás 18.00h con xogos, sorteos e moita diversión, todo aliñado cunha sabrosa merenda. Para nenos-as a partir dos 6 anos.

LUGAR: Centro de Servizos Sociais

 

Programa Festa do Mar 2017

MAPA DISPOSITIVO POLICIAL | DESCARGAR PROGRAMA COMPLETO

23 MÉRCORES


13:00 |Cerimonia de inauguración coa apertura da Mostra Gastronómica e das exposicións no Peirao da Canteira -  Exposición fotográfica ARMADIÑA IMAXE. Carpa mariñeira.

13:30 | Actuación de grupo folclórico

19:30 | Apertura da Carpa Gastronómica e das exposicións. Peirao da Canteira

21:00 | Pasarrúas de grupo folclórico e actuación na carpa gastronómica

23:00 | Concerto de DAVID CIVERA. Praza da Chousa

Ler máis...

A Policía Local de Poio deseña un operativo especial de tráfico e incrementa o servizo de noite para garantir a seguridade cidadá nas Festas de Combarro

A Policía Local de Poio deseña un plan para manter a seguridade entre os días 23 e o 27 de agosto, co gallo da programación das Festas do Mar e o Festival Armadiña Rock..

Nas quendas de mañá e tarde realizase un operativo especial de tráfico para garantir os accesos a Combarro, a todas aquelas persoas que se acheguen ata a Mostra Gastronómica e as exposicións no Peirao da Canteira. Recoméndase o estacionamento na zona de A Seca-Reiboa e na zona do CEIP Chancelas, que se atoparán sinalizadas, así como tamén se atopará aberto o Porto da Canteira ata o límite de prazas. Os autobuses que pretendan acceder ao Centro Histórico de Combarro, poderán descargar e cargar os pasaxeiros no acceso ao Porto e proximidades, tendo que abandonar a zona de Combarro para unha mellor fluidez do tráfico.

Ler máis...

Exposición Pública Licitación do contrato de xestión do servizo público de abastecemento de auga potable e saneamento

Documentación correspondente á fase de información pública da aprobación inicial da proposta de estrutura de custes como actuación preparatoria da posterior licitación da xestión do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento:

Anuncio BOP Nº 158 - Venres, 18 de Agosto de 2017

Ler máis...

2ª Convocatoria Axudas á conservación e rehabilitación da A.R.I. Combarro (7ª Fase)

 

O pasado 9 de agosto abriuse o prazo para a solicitude de subvencións á conservación e rehabilitación de vivendas na área de rehabilitación integral de combarro (7ªFASE) cun total de 8.866,66€, co obxecto de completar o número de actuacións e crédito previstos. Esta 2ª convocatoria, rexerase, en xeral, polas bases da anterior convocatoria de axudas á conservación e rehabilitación de vivendas da Área de Rehabilitación Integral de Combarro (7ªFASE), publicada no BOPPO nº212 do 3 de novembro de 2015.

Ler máis...

O Fondo Galego aposta polo deporte para previr doenzas e adiccións na mocidade mozambicana

- A asociación de concellos e deputacións apoia á Fudação Encontro para reducir o risco de embarazos precoces, sida ou consumo de alcol e drogas.

- O proxecto formará activistas para sensibilizar nas comunidades e crearanse equipos de fútbol e atletismo nos que se fomentará a participación das mozas.

Ler máis...