Unha das novidades máis salientábeis da nova edición do CURTAS ARMADIÑA, organizado pola ACDeM Armadiña, é a incorporación dunha sección dedicada ao mellor vídeo musical en galego dos dous últimos anos. Esta iniciativa encádrase dentro das medidas para o fomento do galego que o colectivo vai amosar dentro da programación do festival audiovisual, que este ano se celebrará do 13 ao 19 de novembro.

O gañador do mellor vídeo musical do CURTAS ARMADIÑA obterá unha contía de 300 € e mais unha Áncora acreditativa. O xurado encargado de decidir o premio (XURADO NOVO) estará composto por adolescentes de Poio entre 15 e 17 anos. A Armadiña ten como obxectivo con esta medida dar a coñecer a nosa música e o audiovisual entre a mocidade, así como achegar as súas actividades á xente nova do municipio.

A sección de videoclips que Armadiña impulsa nesta terceira edición pretende ligar as dúas actividades máis emblemáticas da asociación, o ARMADIÑA ROCK e o CURTAS ARMADIÑA. Así, as bandas galegas que fan gozar nas tardes-noites de agosto no festival de música tamén terán presenza a través da pantalla no outono.

O prazo de inscrición dos videoclips remata o 1 de agosto, e @s interesad@s poden enviar as súas pezas a través da páxina web http://curtas.armadinha.gal ou a través de correo-e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Programa Festa do Mar 2017

MAPA DISPOSITIVO POLICIAL | DESCARGAR PROGRAMA COMPLETO

23 MÉRCORES


13:00 |Cerimonia de inauguración coa apertura da Mostra Gastronómica e das exposicións no Peirao da Canteira -  Exposición fotográfica ARMADIÑA IMAXE. Carpa mariñeira.

13:30 | Actuación de grupo folclórico

19:30 | Apertura da Carpa Gastronómica e das exposicións. Peirao da Canteira

21:00 | Pasarrúas de grupo folclórico e actuación na carpa gastronómica

23:00 | Concerto de DAVID CIVERA. Praza da Chousa

Ler máis...

A Policía Local de Poio deseña un operativo especial de tráfico e incrementa o servizo de noite para garantir a seguridade cidadá nas Festas de Combarro

A Policía Local de Poio deseña un plan para manter a seguridade entre os días 23 e o 27 de agosto, co gallo da programación das Festas do Mar e o Festival Armadiña Rock..

Nas quendas de mañá e tarde realizase un operativo especial de tráfico para garantir os accesos a Combarro, a todas aquelas persoas que se acheguen ata a Mostra Gastronómica e as exposicións no Peirao da Canteira. Recoméndase o estacionamento na zona de A Seca-Reiboa e na zona do CEIP Chancelas, que se atoparán sinalizadas, así como tamén se atopará aberto o Porto da Canteira ata o límite de prazas. Os autobuses que pretendan acceder ao Centro Histórico de Combarro, poderán descargar e cargar os pasaxeiros no acceso ao Porto e proximidades, tendo que abandonar a zona de Combarro para unha mellor fluidez do tráfico.

Ler máis...

Exposición Pública Licitación do contrato de xestión do servizo público de abastecemento de auga potable e saneamento

Documentación correspondente á fase de información pública da aprobación inicial da proposta de estrutura de custes como actuación preparatoria da posterior licitación da xestión do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento:

Anuncio BOP Nº 158 - Venres, 18 de Agosto de 2017

Ler máis...

2ª Convocatoria Axudas á conservación e rehabilitación da A.R.I. Combarro (7ª Fase)

 

O pasado 9 de agosto abriuse o prazo para a solicitude de subvencións á conservación e rehabilitación de vivendas na área de rehabilitación integral de combarro (7ªFASE) cun total de 8.866,66€, co obxecto de completar o número de actuacións e crédito previstos. Esta 2ª convocatoria, rexerase, en xeral, polas bases da anterior convocatoria de axudas á conservación e rehabilitación de vivendas da Área de Rehabilitación Integral de Combarro (7ªFASE), publicada no BOPPO nº212 do 3 de novembro de 2015.

Ler máis...

O Fondo Galego aposta polo deporte para previr doenzas e adiccións na mocidade mozambicana

- A asociación de concellos e deputacións apoia á Fudação Encontro para reducir o risco de embarazos precoces, sida ou consumo de alcol e drogas.

- O proxecto formará activistas para sensibilizar nas comunidades e crearanse equipos de fútbol e atletismo nos que se fomentará a participación das mozas.

Ler máis...