O proxecto eTwinning "Delirant isti eTwinnienses Romani!" desenvolvido polo alumnado de Latín de 1º de Bacharelato do IES de Poio durante o curso pasado.

Este premio cubre os billetes da viaxe de sete alumnos do proxecto a Estrasburgo. Están previstas visitas ao Parlamento Europeo, o Consello de Europa, entre outras.

A iniciativa Move2Learn, Learn2Move foi presentada con ocasión do trixésimo aniversario do programa Erasmus. O obxectivo desta iniciativa é que a mocidade poida experimentar o que implica vivir en Europa e comprenda a repercusión positiva que ten a Unión Europea na vida da súa cidadanía e a súa vecindario internacional. Ademais de descubrir outras culturas, os participantes tamén se farán máis conscientes da pegada de carbono das súas viaxes, pois terán que respectar un nivel máximo de emisións de CO2 durante o seu periplo e deberán elixir os medios de transporte que utilizan tendo esto en conta.

Os alumnos do IES de Poio combinarán un traxecto en autobús, outro en avión e outro en tren. Viaxarán do 10 ao 14 de outubro.

A Comisión Europea seleccionou aqueles proxectos que cumpriron de forma máis sobresaliente cos seis criterios do Selo de Calidade Nacional, un premio co que xa fora recoñecido o proxecto no mes de xullo.

NORABOA!!!!

Vindeiros Eventos

25 Feb 2018
12:30 PM -
Enterro do Mexilón - Combarro
25 Feb 2018
05:00 PM -
Enterro do Galo Bruxo - Samieira
25 Feb 2018
08:00 PM -
Poio Escena - Ubú
03 Mar 2018
07:30 PM -
Enterro do Berberecho - San Salvador
10 Mar 2018
08:00 PM -
Enterro do Galo Fodorico - San Xoán