Programa

A Policía Local de Poio coordina o Programa Axente Titor, un servizo da Policía Local ao que se destinan axentes especializados na promoción dos dereitos da infancia, polo que a súa intervención concéntrase no ámbito da protección do menor e a prevención no entorno escolar.

Dende esta perspectiva, o programa preséntase como un recurso máis para apoiar á comunidade educativa, na estreita coordinación co resto de profesionais da rede de recursos municipais.

Unha das funcións principais dos axentes titores é a protección no entorno escolar e a resolución dos conflitos que poidan xurdir dentro do mesmo, en coordinación co resto de servizos que traballan con menores de idade e servindo de enlace coas familias.

As actuación serán no propio centro escolar e en medio aberto tal e como especifica o programa. Tamén se farán actuacións no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación, actuacións en materia de medio ambiente, seguridade viaria, consumos, atención o acoso escolar, actividades de educación viaria, charlas informativas, preventivas e orientativas, simulacros de evacuación, tenza de sustancias, mellora dos entornos escolares e campañas de prevención.

Programa Axente Titor

Programa

A Policía Local de Poio coordina o Programa Axente Titor, un servizo da Policía Local ao que se destinan axentes especializados na promoción dos dereitos da infancia, polo que a súa intervención concéntrase no ámbito da protección do menor e a prevención no entorno escolar.

Ler máis...

Samaín Poio 2017

Os Bolechas visitan Poio - DinamizaPoio

O Concello de Poio, a través da Concellería de Cultura e Festexos, desenvolverá con motivo da vindeira edición da guía didáctica “Os Bolechas visitan Poio”, un proxecto cultural paralelo de dinamización de espazos que permitiran as persoas interesadas (cativos/as e nais/pais,etc...) facer un percorrido teatralizado pola Casa Museo de Colón e Bosque das Sequoias

Ler máis...

Concurso Tarxetas de Nadal 2017 - Bases

 Participantes:

- Poderán participar todos os rapaces e rapazas de Poio, menores de 18 de anos, cun único traballo por autor/a.

Ler máis...

Premios de Comunicación turística Terras de Pontevedra

Os Premios de Comunicación turística “Terras de Pontevedra” teñen como finalidade dar a coñecer o patrimonio turístico das Terras de Pontevedra

Ler máis...
Go to top