Nesta edición, a Concellería de Cultura e Festexos, da que é titular Lidia Salgueiro Piñeiro, plantexa unha proposta cultural que misture a tradicción e novas propostas culturais para o municipio, que permitan a veciñanza dispoñer dunha alternativa de ocio para @s máis cativ@s e as súas familias nos periodos vacacionais, programando actividades que empregen e dinamicen parte dos espazos públicos dos que dispón a localidade de Poio.

Actividades

Para isto, as actividades espallaranse polas diversas parroquias e centralizaranse na A Seca, xenerando un Espazo Temporal de Ocio #ABurbulladoNadal, que será ó referente para as actividades programadas.

  • Contacontos Musicais.

  • Obradoiros creativos.

  • Espectáculos de Animación Infantil (música, contacontos, máxia,..)

  • Recepción dos Reis Magos, #saúdodoreis polas parroquias, cabalgata,...

Calendario de Actividades

  • 16 de decembro: Acendido do Alumeado de Nadal ás 19:00 horas na Praza da Chousa (Combarro).
  • 30 de decembro: Os Bolechas visitan Poio. Xira do Nadal. Auditorio Centro Cultural Xaime Illa. Ás 19:00 horas previa reserva de entrada.

  • 2-3-4 xaneiro: A Burbulla do Nadal (A Seca, Poio).

    • Espazo Infantil - aberto polas tardes apartires das 17:00 hras (Obradoiros creativos, música, xogos tradicionais, etc,...). Desenvolve: Asociación de Tempo Libre Lecer.

    • Percorridos en pequenos grupos de monociclos, bicicletas para cativ@s,... Desenvolve: Loukart Lourido.

    • Espectáculos de Animación Infantil ás 19:00 hrs.

      • "Os Piñeiriños": Introdución ao mundo da música dun xeito máxico. (2 de xaneiro)

      • "Globotolo": Espectáculo de darlle forma o aire (3 de xaneiro)

      • Obradoiro de música electronica+ construcción dun instrumento musical con froitas con Juanma Lodo! (4 de xaneiro)

  • 5 de xaneiro: Día de Reís.

    • 11:00 hrs. Percorrido #saudoreis polas parroquias do municipio.

    • 12:45 hrs. Acto de entrega do concurso de Tarxetas de Nadal do consello Municipal de Cultura. Punto de encontro cos Reis (recepción, recollida de cartas e caramelos, agasallos,..) na AburbulladoNadal, A Seca).

    • 18:00 hrs. Cabalgata de Reis (Percorrido en circuito pechado) Saída Avda. San Xoán (Costa de Alvar) - Chegada 19:00 horas Avda. Porteliña ( Adro San Salvador)

  • 6 de xaneiro: Peche do Nadal en Poio.


 

Vindeiros Eventos

03 Feb 2018
08:30 PM -
Premios Poio Móvese