Xa está aberta a matrícula para os cursos de Horto Ecolóxico e Xardinería Básica e Poda Ornamental de 25 e 35 horas de duración respectivamente. Estes cursos, promovidos pola Concellería de Promoción Económica están orientados para demandantes de emprego con prioridade para os residentes no Concello de Poio.

A celebración dos devanditos cursos será do 25 de xaneiro ó 10 de Febreiro e do 15 ó 24 de febreiro no Centro de Formación de A Reiboa ( A Seca). O prezo dos cursos será de 20€ para os residentes en Poio e 40€ para o resto dos asistentes.

Para inscricións, dúbidas ou consulta poderán dirixirse ó teléfono 986770001 ext. 1260 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Vindeiros Eventos

23 Abr 2018
10:00 AM - 08:00PM
Dia do Libro - Exposición Anatomía do Libro
26 Abr 2018
05:30 PM - 06:30PM
GaliciaLe - Charla Informativa
27 Abr 2018
05:30 PM -
Obradoiro - Como se fai un album ilustrado?
01 Mai 2018
08:00 AM - 05:00PM
Festa dos Maios 2018 - Concurso