AULA CeMIT DO CONCELLO DE POIO
ACTIVIDADES PARA O MES DE MARZO


Poio, 20 de febreiro de 2018. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Poio realizará as seguintes actividades no mes de marzo:

FOLLA DE CÁLCULO LIBREOFFICE CALC (Nivel Medio)

Do luns 26 de febreiro ao venres 2 de marzo celebrarase o curso “Follas de Cálculo con LibreOffice Calc (Nivel Medio)”.Mediante este curso os usuarios e usuarias coñecerán o uso das funcións de cálculo de LibreOffice Calc, aplicar formatos condicionados, inserir gráficas ademais doutras posibilidades que ofrece esta aplicación de software libre.
O horario será de 18:00 a 19:30 horas.



FACEBOOK PARA EMPRESAS

Do luns 26 de febreiro ao xoves 1 de marzo celebrarase o curso “FaceBook Para Empresas”. Facebook é unha das redes sociais máis importantes de Internet, dende fai uns anos está a realizar cambios e incorporar ferramentas na súa plataforma para a venda de produtos e servizos. Verase como aproveitar as novas características de FaceBook non só para vender, senón tamén para darnos a coñecer e como chegar dunha forma máis directa ao noso público.
O horario será de 19:30 a 21:00 horas.

CHARLA IMPRESORAS 3D

O venres 2 de marzo levarase a cabo unha charla sobre o uso de Impresoras 3D, unha tecnoloxía que estase a estender entre os usuarios que comeza a converterse en algo cotiá. Veremos que son as impresoras 3D, a súa evolución, capacidades e características e a situación actual e futura. Cada día aparecen novos materiais e novos dispositivos máis rápidos e eficientes que contribúen a mellorar e popularizar esta tecnoloxía que nos ofrece a posibilidade de fabricar nos mesmos obxectos a medida segundo as nosas necesidades.
O horario será de 19:30 a 21:00 horas.

INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

Do luns 5 ao venres 9 de marzo celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática”, có que se pretende que o usuario obteña os coñecementos básicos para manexar un ordenador. Veranse os conceptos básicos dende cero: como acender e apagar correctamente o computador, o manexo do rato, familiarizarse co entorno gráfico (o escritorio e as ventás) e o uso dos arquivos e das carpetas (creación, eliminación, copia, ...).
O horario será de 18:00 a 19:30 horas.

POSICIONAMENTO WEB (SEO)

Do luns 5 ao venres 9 de marzo celebrarase o curso “Posicionamento Web (SEO)”. Neste curso farase un achegamento aos conceptos e ferramentas que permiten mellorar a posición de busca nos resultados dos buscadores, tendo así máis oportunidades de que visiten a nosa páxina. Verase como funcionan os principais buscadores da Internet e as técnicas para mellorar a posición e a valoración da nosa páxina web.
O horario será de 19:30 a 21:00 horas.

INICIACIÓN Á INTERNET

Do luns 12 ao venres 16 de marzo celebrarase o curso “Iniciación a Internet”. Actualmente o uso de Internet e un dos medios de comunicación máis importantes, estando presente en case todos os ámbitos da nosa vida diaria. Dado o seu alcance mundial, rapidez e dispoñibilidade faise necesario ter alomenos unhas nocións básicas da procura de información na rede. Neste curso utilizarase o navegador de software libre Mozilla Firefox e o gratuíto Google Chrome a través dos cales os usuarios coñecerán o mundo do hipertexto das páxinas web. O usuario ao finalizar o curso poderá utilizar aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede Internet.Este diploma non certifica nin homologa os coñecementos adquiridos no curso. O horario será de 18:00 a 19:30 horas.

COMMUNITY MANAGER

Do luns 12 ao venres 16 de marzo realizarase o curso “Community Manager”. Tan importante como acadar visitantes na páxina é o de mantelos. Un community manager encárgase de estudar as visitas a web da empresa, de xestionar as reaccións nos foros e redes sociais e de coidar a imaxe da empresa na Internet. A Busca de tendencias e tratar de prever cambios que afecten o noso negocio ou que poidan ser unha oportunidade tamén son funcións do community manager.
O horario será de 19:30 a 21:00 horas.

INICIACIÓN AO CORREO ELECTRÓNICO WEB (WEBMAIL)

Do luns 19 ao mércores 21 de marzo celebrarase o curso “Iniciación ao Correo electrónico Web (WebMail)”. Hoxe en día o emprego do correo electrónico é indispensable, enviándose cada día centos de miles de correos con arquivos e información de todo tipo.Explicarase como crear unha conta de correo electrónico, o seu funcionamento, ver os correos recibidos, respostalos ou enviar un novo, así como engadir e xestionar os contactos e a axenda.
Poderase descargar un Diploma de Asistencia, para o que se require unha asistencia míni- ma do 80%. Este diploma non certifica nin homologa os coñecementos adquiridos no curso.
O horario será de 18:00 a 19:30 horas.

SERVIZOS NA NUBE

Do luns 19 ao mércores 21 de marzo celebrarase o curso “Servizos na Nube”. A Nube é o seguinte paso no uso de aplicacións e servizos, xa que funcionan de xeito completamente online, sen necesidade de instalar ningún programa ou de precisar de un ordenador. Basta con acceder ao servizo por Internet e xa poderemos traballar e compartir documentos e arquivos directamente na nube. No curso explicarase que é a nube, como funciona e as aplicacións e servizos gratuítos máis estendidos. Dende subir e compartir arquivos a gardar unha localización ou as nosas rutas nun mapa, traducir textos e páxinas web ou crear formularios e enquisas de xeito online.
O horario será de 19:30 a 21:00 horas.

VACACIÓNS DO XOVES 22 AO VENRES 30 DE MARZO

AULA ABERTA (ACCESO LIBRE)

Luns a venres de 16:00 a 18:00 horas.

Durante estas horas calquera usuario que o desexe, previo rexistro, poderá facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula.

Lembramos tamén que calquera asociación ou organización do Concello de Poio pode facer uso da aula previa solicitude.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden contactar có Axente dinamizador TIC Oscar Freire Rial, responsable da Aula CeMIT de Poio, sita en Carreiro do Campo, 17. Combarro. 36993 - Poio, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamando ao teléfono 986770001 (Ext. 1321) ou por correo electrónico no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Vindeiros Eventos

15 Xul 2018
06:00 PM - 08:30PM
Festividade Virxe do Carme