INICIACIÓN AO PROCESADOR DE TEXTO LIBREOFFICE WRITER

Do luns 2 ao venres 6 de abril celebrarase o curso “Iniciación ao Procesador de Textos LibreOffice Writer”.

O uso dun procesador de texto faise imprescindible no día a día, xa que en calquera momento podemos necesitar redactar un documento ou escribir un texto. O usuario ao finalizar este curso será capaz de empregar o LibreOffice Writer para crear e modificar un documento de texto, darlle un formato básico, gardalo e imprimilo.

O horario será de 18:00 a 19:30 horas.

PROCESADOR DE TEXTOS LIBREOFFICE WRITER – Nivel Medio

Do luns 9 ao venres 13 de abril celebrarase o curso “Procesador de Textos LibreOffice Writer (Nivel Medio)”.

Explicarase como aplicar formatos avanzados, modificar as propiedades do documento, traballar con táboas e elementos gráficos e coñecer máis en profundidade as ferramentas que máis se empregan acotío.

O horario será de de 18:00 a 19:30 horas.

SCRIBUS: DESEÑO DE CARTEIS E FOLLETOS

Do luns 2 ao venres 10 de abril celebrarase o curso “Deseño de carteis e folletos con Scribus”.
Permitirá aprender o manexo dun programa específico para o deseño de carteis, folletos e outros formatos de impresión.

Scribus é un programa de software libre e gratuíto co que poderemos crear deseños artísti- cos máis aló do que permite outro software como os procesadores de texto ou de presenta- cións, pero sen as complicacións de software especializado de deseño gráfico.

O horario será de de 19:30 a 21:00 horas.

APPLICACIÓNS DE GOOGLE (GOOGLE APPS)

Do mércores 11 ao venres 13 de abril celebrarase o curso “APPlicacións de Google (Google Apps)”

Google ofrece varias aplicacións gratuítas online: Google Docs, un procesador de textos Online; Google Translate, un tradutor online; Google forms, Formularios a través da web e Google Maps, para localizar unha ubicación. Verase o manexo destas aplicacións, as Google Apps, que funcionan de xeito totalmente online.

O horario será de 19:30 a 21:00 horas.

INICIACIÓN ÁS FOLLAS DE CÁLCULO CON LIBREOFFICE CALC

Do luns 16 ao xoves 19 de abril celebrarase o curso “Iniciación ás Follas de Cálculo con LibreOffice Calc”.

O usuario ao finalizar este curso coñecerá o funcionamento e os conceptos básicos dunha folla de cálculo, poderá aplicar sinxelas fórmulas de cálculo, modificar unha folla de cálculo e

crear documentos con varias follas, así como gardar e imprimir os resultados. O horario será de 18:00 a 19:30 horas.

TITORÍAS EXAME CERTIFICADO CODIX (Competencias Dixitais)

Realizaranse sendas titorías de preparación do exame de certificación en Competencias Dixitais (CODIX) na que se verán as dúbidas e consultas relacionadas có exame:

– Luns 16: Horario de 19:30 a 21:00 horas.
– Venres 20: Horario de 18:00 a 19:30 horas.

INICIACIÓN Á CREACIÓN DE PÁXINAS WEB CON WORDPRESS

Do martes 17 ao martes 24 de abril celebrarase o curso “INICIACIÓN á creación de páxinas web con WordPress”.

WordPress comezou como unha plataforma de blogues, pero actualmente acadou un grande éxito na creación de páxinas web debido a súa facilidade de uso.

Neste curso veranse os conceptos básicos da linguaxe HTML e como crear páxinas web sinxelas con WordPress de xeito gratuíto.
O horario será de 19:30 a 21:00 horas.

CREA O TEU BLOGUE CON WORDPRESS

Do mércores 25 ao venres 27 de abril realizarase o curso “Creación de Blogues con WordPress”.

Internet non só é unha fonte de información, senón que nos permite crear e difundir o noso propio coñecemento. Por iso se neste curso os asistentes crearán os seu propios contidos e aprenderán a expresarse na rede.

Verase como crear e manter o noso propio blogue, unha das varias formas de comu- nicación na Internet, elaborando, subindo e mantendo actualizado o seu contido.
O horario será de 19:30 a 21:00 horas.

FOLLAS DE CÁLCULO CON LIBREOFFICE CALC (Nivel Medio)

Do luns 23 ao venres 27 de abril celebrarase o curso “Follas de Cálculo con LibreOffice Calc (Nivel Medio)”.

Mediante este curso o usuario poderá facer uso das funcións de cálculo de LibreOffice Calc, aplicar formatos condicionados, inserir gráficas ademais doutras posibilidades que ofrece esta aplicación de software libre.

O horario será de 18:00 a 19:30 horas.

A AULA CeMIT PECHA POR VACACIÓNS DO
LUNS 30 DE ABRIL AO LUNS 7 DE MAIO (AMBOS INCLUSIVE)


AULA ABERTA (ACCESO LIBRE)

* TARDES: Luns a venres: de 16:00 a 18:00 horas.

Durante estas horas calquera usuario que o desexe, previo rexistro, poderá facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula.

Lembramos tamén que calquera asociación ou organización do Concello de Poio pode facer uso da aula previa solicitude.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden contactar có Axente dinamizador TIC Oscar Freire Rial, responsable da Aula CeMIT de Poio, sita en Carreiro do Campo, 17. Combarro. 36993 - Poio, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamando ao teléfono 986770001 (Ext. 1321) ou por correo electrónico no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Vindeiros Eventos

23 Set 2018
10:00 AM -
Ruta da Arte - Poio Móvese
28 Set 2018
12:00 AM
Día de Colón
06 Out 2018
10:30 AM - 09:00PM
Festival Solidario ExpoCosplay Poio 2018