A Fundación Humana e a Concellaría de Benestar Social estiveron detrás da organización duns talleres que consistiron en elaborar ou ben una bolsa ou ben unha unha marioneta a partir de material reutilizado.  O  principal obxectivo é difundir a importancia da prevención de residuos e a  reutilización do textil usado,  a súa relación coa sostenibilidade global, a protección do medio ambiente e a  cooperación ao desenvolvemento.

Programados para os días 12, 14 e 15 de marzo, asistiron un total  de 174 nenos-as de 3º e 4º de primaria. Estos obradoiros  forman  parte do programa de sensibilización de Humana e é un complemento á labor de recollida  de textil usado. Humana conta con catro contedores en Poio para depositar as prendas,o calzado, os complementos e o textil de hogar que xa non se utiliza e a os que se lle dá unha segunda vida. Humana recolleu 8.035 kg de textil usado o pasado ano, o que confirma a confianza  nun modelo de xestión do residuo textil con finalidade social.

Máis información Programa de Sensibilización Tejidos Educativos

Vindeiros Eventos

24 Xul 2018
07:00 PM - 11:00PM
Dia da Matria