O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005).

Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa infantil e xuvenil, como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas. Este ano o Concello de Poio albergará un completo programa de actividades para honrar a memoria desta escritoria que contribuíu de xeito notable ó enriquecemento da nosa lingua.

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2018 - Concello de Poio

 

12 DE MAIO | 21:00 horas | TEATRO

Centro Cultural Xaime Illa Couto

“Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos” (Homenaxe a María Victoria Moreno Márquez) de MATRIOSHKA TEATRO.


14-18 DE MAIO | 16:30-19:30 horas |SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.

Biblioteca Pública Municipal

Punto de interese sobre María Victoria Moreno


15 DE MAIO | 17:30 horas | CONTACONTOS

Biblioteca Pública Municipal

“Os contos da festa no faiado: Homenaxe a María Victoria Moreno”.

Programa LER CONTA MOITO


17 DE MAIO | 11:00 horas | DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Peirao de Raxó

Carreira Popular pola “Lingua” (inscrición ata ás 10:30 h.)

 

17 DE MAIO | 17:30 horas | DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Centro Cultural Xaime Illa Couto

Conferencia: RAFAEL QUNTÍA

“O mundo da mitoloxía na literatura oral galega”

Entrega de premios xs gañadorxs da XXV Edición Concurso Literario Xaime Illa Couto.

Música en directo de TINO BAZ (cantor e poeta)


19 DE MAIO| 21:00 horas | Teatro PoioEscena 2018

Centro Cultural Xaime Illa Couto

“Chumbalagatas“ da AULA MUNICIPAL DE TEATRO DE PONTEVEDRA.

 

 

Vindeiros Eventos

Sen eventos