Reunido o Xurado do concurso de carteis de San Xoán composto pola Concelleira de Cultura e Festexos, un representantes das opcións políticas presentes na corporación municipal e por un representantes do profesorado de artes plásticas dos Centros Educativos Municipais, nesta edición do CEIP Isidora Riestra 2018, na Salón de Sesións da Casa Consistorial, ás 10:00 horas, no día de hoxe. Atendendo as bases do CONCURSO CARTEIS DE SAN XOÁN 2018, resultaron os seguintes premiados:

Categoría A: de 5 a 8 anos*, gañador J. Pedro Ruano Machado.
Categoría B: de 9 a 11 anos*, gañadora Nuria Gómez Casal
Categoría C: de 12 a 13 anos*, gañador o grupo formado por:

  • Saúl Burgos Almeida
  • Faidah Serantes Zahara
  • Nerea Medrano Bea

Categoría D: de 14 a 16 anos.*, deserto.

PREMIOS
CATEGORÍAS A: 60 € + agasallo conmemorativo.
CATEGORÍA B: 80€ + agasallo conmemorativo.
CATEGORÍA C: 100€ + agasallo conmemorativo.

ENTREGA DE PREMIOS
Terá lugar o día 22 de xuño de 2018 no Concello de Poio, no transcurso do acto de pregón.

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA

  • Os premios non serán acumulables.
  • Os premios estarán sometido á normativa fiscal que proceda aplicar.
  • As obras gañadoras quedarán en propiedade do Concello de Poio, polo que o/a autor/a cederá exclusiva e irrevogablemente, o dereito de impresión ou reprodución, total ou parcialmente, en calquera modalidade, así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria, polo que poderá realizar as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación a soportes, técnicas ou tamaños necesarios.
  • Os traballos premiados deberán recollerse no prazo de 30 días naturais posteriores a data de entrega de premios (22 de xuño). Os que non se recollan neste prazo pasarán a ser propiedade do Concello de Poio.
  • O Xurado do concurso terá competencias para resolver as dúbidas ou calquera circunstancia non prevista nas presentes bases.
  • A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases.

Vindeiros Eventos

15 Xul 2018
06:00 PM - 08:30PM
Festividade Virxe do Carme