Xa está aberto o prazo de inscrición para o Campa Verán 2018, actividade dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos (nados nos anos 2005 a 2014) que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Isidora Riestra e no Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos. Este ano o horario será de 8:30 a 14:30 horas, con posibilidade de ampliar o horario.

As cotas fixadas serán por cada quenda de quince días, e contempla descontos a partir do 2º fillo/a inscrito/a, así como para os empadroados no Concello de Poio.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Rexistro do Concello xunto coa documentación requirida antes do 15 de Xuño.

Máis información: Folleto | Folla Inscrición

Tel.: 986 770 001 Ext. 1214 (Mañás) - 698 146 008 (Tardes) ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Vindeiros Eventos

15 Xul 2018
06:00 PM - 08:30PM
Festividade Virxe do Carme