Un ano máis, a Concellería de Cultura e Festexos vai colaborar coa Asociación Cultural Gaiteiro “Manuel Villanueva”, na organización da XIII Edición da tradicional Romaría de Gaiteiros. que terá lugar na Reiboa o 1,2, e 3 de xuño de 2018, onde poderemos disfrutar de tres xornadas onde a música pupular, xunto con actuacións de grupos e bandas de gaitas, será a protagonista durante todo o día.  Xa pola noite haberá diferentes concertos.

PROGRAMA

Venres 1 de Xuño | 22:30 Concerto Rock a cargo do grupo local CHAMPURRADA |

Sábado 2 de xuño | 22:30 Concerto MÁS MADERA (Tributo a “Leño”) e A RODA

Durante o día a Música tradicional correrá a cargo de O BARQUEIRO e VIDES NOVAS.

Domingo 3 de Xuño |  Día adicado a música tradicional a cargo das agrupacións convidadas: GAITAS DE BARBUDE e O BARQUEIRO.

 

Durante o sábado e o domingo, xornadas de micros abertos, postos de gastronomía a prezos populares (polbo, churrasco, empanada, arroces...), mostras de artesanía, etc.

A colaboración do Concello de Poio concrétase na aportación de recursos materiais e humanos e aqueles outros servizos que fosen precisos para a celebración deste evento.

 


 

 

 

 

Vindeiros Eventos

13 Dec 2018
08:00 PM -
Conversa con Xerardo Moscoso
26 Dec 2018
08:00 AM -
CampaNadal 2018
02 Xan 2019
08:00 AM - 12:00AM
CampaNadal 2018