As artes escénicas, o audiovisual e a tradición oral galega son o fío condutor da programación cultural das Festas de San Xoán 2018. Se algo nos define as galegas e os galegos, é que somos grandes contadores de historias, sería raro non atopar un fogar onde a familia se reúne a escoitar lendas e mitos da nosa terra nas longas noites de inverno.

A día de hoxe a tradición segue viva, este ano teremos na balconada da casa Consistorial unha representación destas trobadoras modernas, tres mulleres que representan o elenco técnico e artístico destas novas historias. Tras varios días de intriga e moitas xestións, a Concelleira de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro e Luciano Sobral, Alcalde de Poio anuncian que as pregoeiras deste ano serán Teresa Fernández-Valdés, produtora executiva de Bambú Producións, recentemente recoñecida ca Medalla de Honor da MipTV no Festival de Cannes (Francia), galardón concedido a figuras descacadas da industria televisiva polo seu talento, liderado e contribución ó desenrolo do sector audiovisual e veciña do noso Concello, responsable de series de grande éxito como son Velvet, Gran Hotel e a súa ultima produción Fariña.

Estará acompañada o día 22 de xuño ás 21 h, por Eva María Fernández (Ourense, 1973) que deu vida a Esther Lago e Marta Larralde (Vigo, 1981) no papel de Nieves na ficción nesta serie, dúas actrices galegas de gran traxectoria no noso país. A elección destas pregoeiras de excepción ven dada por doús motivos fundamentais, por representar a alma galega e matriarcal tanto diante como detrás das cámaras e por simbolizar o empoderamento da muller no audiovisual galego obstentando cargos executivos de relevancia ou interpretando papeis de mulleres fortes, valentes e decididas. É dicir, unha posta en valor do noso audiovisual e da cultura galega.

Vindeiros Eventos

17 Nov 2018
11:00 AM -
Cinema e Muller