Os días previstos da celebración das festas de San Xoán de Poio son dende o 22 ao 26 de xuño, no lugar da Reiboa- Alameda - explanada da Seca, durante estes días levarase a cabo unha vixiancia  do tráfico rodado, tanto na entrada e saída de vehículos aos estacionamentos próximos a zona de festa. Ver Mapa Interactivo

Establecerase un dispositivo de tráfico para garantir a fluidez de tráfico, mantendo un circuíto de entrada e outro de saída para o tráfico rodada aos estacionamentos, pechando os accesos, cando por circunstancias especiais sexa preciso.
Queda pechado o recinto da festa e zona da verbena ao tráfico rodado, asegurando que non acceda ningún vehículo, bloqueando os accesos, sinalizados adecuadamente e vixiados por axentes propios, sendo retirados os vehículos que accedan sen autorización si e preciso , facilitando así a mobilidade das persoas e os fluxos peatonais.

Recoméndase a utilización de cinco estacionamentos: A Reiboa, Eira 4º travesía Seara, Instituto Fontenla, Eira cemiterio, e estacionamento Tanatorio, tal e como consta na imaxe.

Sinálanse os seguintes  percorridos de entrada e saída  dos estacionamentos.

  • Acceso de vehículos ao recinto de estacionamentos
  • Saída de vehículos do recinto de estacionamentos
  • Estacionamentos

Os accesos ao recinto de festas, tanto de entrada como de saída, están correctamente sinalizados por sinais verticais, circunstanciais e por medio de axentes propios da Policía Local Poio.
Habilítase na zona unha reserva  de espazo para o servicio de Taxis, zonas destinadas a  plazas de estacionamento de persoas con discapacidade , unha zona para vehículos de emerxencia ( ambulancia, protección Civil, Policía, Garda Civil e vehículos de incendios.)
Unha vez cheos os estacionamentos, pecharanse por medio de axente, ata que se garante novas prazas valeiras, despois da saída de vehículos, volvendo a permitir a entrada dos mesmos.

O accesos circulatorios do tráfico rodado son de único sentido, para unha mellor fluidez do tráfico e así evitar accidente, garantido os accesos peatonais.

A  Policía Local é a encargada da vixiancia e control do tráfico  e organiza e regula os accesos e saídas coa colaboración de Protección Civil de Poio.

Vindeiros Eventos

23 Set 2018
10:00 AM -
Ruta da Arte - Poio Móvese
28 Set 2018
12:00 AM
Día de Colón
06 Out 2018
10:30 AM - 09:00PM
Festival Solidario ExpoCosplay Poio 2018