1) O presente Concurso ten como obxecto a difusión cultural, relance e promoción da “Festa da Ameixa”, Campelo 2018.

2) A temática das fotografías a presentar versará sobre o mar.

3) Presentación de fotografías: fotos a cor ou en branco e negro cunha resolución da imaxe que admita un tamaño mínimo de 15x20 centímetros. Non se aceptarán fotografías que teñan sido manipuladas por ordenador.

4) Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. No caso de presentar máis de dúas obras, consideraranse excluídas tódalas obras presentadas.

5) O prazo de admisión dos traballos abranguerá do 1 de xullo ata o 20 de agosto de 2018 (ambas datas incluídas). Os traballos presentaranse unicamente a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

6) As fotos irán acompañadas dun documento anexo onde figurará o lema das fotografías, o nome e apelidos do/a autor/a, domicilio, número de teléfono e fotocopia do Documento Nacional de Identidade. Tamén acompañará una declaración xurada na que se reflicta a autoría da obra. O documento anexo cos datos completos do autor e a declaración xurada serán requisitos imprescindibles para formar parte do concurso.

7) Sistemas de elección das fotografías premiadas

A obra gañadora será a elección levada a cabo polo Xurado:

  • Un/ha representante da Oficiña de Turismo de Poio.

  • Unha representante da A.MM. ARELA

  • Unha representante de Gaia Animación, empresa de Xestión Sociocultural.

Neste Xurado tódolos seus membros contarán con voz e voto. O Xurado considerará, prioritariamente, a creatividade, o vigor da mensaxe gráfica, a idoneidade do traballo e a súa sintonía co espírito da “Festa da Ameixa” e o concepto de sostenibilidade da misma.

8) O fallo do Xurado será publicado nos medios de comunicación local e no Taboleiro do Concello de Poio. Asimismo, resérvase o dereito de declarar deserto o premio no caso de que ningunha das obras presentadas se axusten ás presentes bases.

9) Establécese un primeiro premio consistente nun vale en material fotográfico ou material similar, valorado en 300 Euros, un segundo premio dun vale en material fotográfico ou material similar valorado en 200 Euros e un terceiro premio dun vale en material fotográfico ou material similar de 100 Euros.

10) Os gañadores do premio correspondente outorgarán ó Concello de Poio a propiedade da obra. Ó mesmo tempo, mediante o premio, o Concello de Poio adquire, en exclusiva e no ámbito mundial, tódolos dereitos económicos de propiedade intelectual inherentes á obra premiada e poderá libremente e sen pago de máis prezo, proceder á reproducción, distribución, comunicación pública e transformación durante o prazo sinalado polo artigo 26 do Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, tendo dereito a expresar a obra por calquera medio ou soporte tanxible o intanxible, actualmente coñecido ou que se invente no futuro.

11) Coas obras gañadoras e as presentadas, o Concello de Poio resérvase o dereito de organizar unha exposición. Igualmente resérvase o dereito de organizar outras exposicións públicas en espazos e datas a determinar. Neste suposto, as fotografías seleccionadas poderán ser retiradas no prazo de treinta días hábiles seguintes á clausura da última das exposicións. Os autores das obras exhibidas que no teñan obtido premio non terán dereito a contraprestación económica algunha, aínda que na exhibición se indicará a autoría e poderán solicitar que se emita un certificado de que a obra teña participado en dita exposición.

12) As fotografías pasarán a formar parte dos arquivos do Concello de Poio. O uso das mesmas será exclusivamente para a promoción turística do municipio.

13) A participación neste Concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a conformidade coas decisións do Xurado e da votación.

DESTINATARIOS/AS

Poderá participar calqueira persoa física, maior de idade que cumpra as condicións das bases.

ENTREGA DAS FOTOGRAFÍAS

A entrega das fotografías se realizará a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O prazo de presentación de fotografías abranguerá do 1 de xullo ao 20 de agosto de 2018. (ambas datas incluídas).

Vindeiros Eventos

15 Xul 2018
06:00 PM - 08:30PM
Festividade Virxe do Carme