O Mercado exclusivo EXCCAPE trata da  promoción a novos valores nos eidos do deseño, a artesanía, a moda, produtos gastronómicos delicatesen… e ten unha duración limitada a 3 fins de semana en xullo e agosto en horario de sábado e domingo de 11 am a 10 pm nun lugar cedido na parte esquerda fronte ao aparcamento do porto deportivo.

O Concello de Poio, contará cun stand dobre (dous espazos de 2x2 metros) para a exposición e promoción das actividades da Concellería de Promoción Económica e para o asesoramento aos veciños que o soliciten e no comercio local dos novos nichos de negocio en Poio, no marco desta actividade comercial.

Trátase de  novas propostas comerciais e de venda de produtos diferenciados, con valor engadido, neste caso no contexto do Porto Deportivo de Combarro;  como paso  previo ao proxecto de dinamización comercial, que se executará no último cuadrimestre do ano, denominado POIO#IMPULSA que pretenderá desenvolver e potenciar o comercio do Concello, tentando darlle un xiro ao sector, analizándoo dun xeito distinto e adaptándoo aos novos tempos para poder aproveitar novas oportunidades (conxunto de accións formativas e de seguimentos personalizados aos participantes) sempre dende un punto de vista sustentable e responsable.

Vindeiros Eventos

15 Xul 2018
06:00 PM - 08:30PM
Festividade Virxe do Carme