#POIO IMPULSA é un proxecto da Concellería de Promoción Económica do Concello para impulsar á economía local, que oferta unha serie de formacións e de recursos para que os comerciantes deste municipio poidan mellorar e crecer da man de profesionais de diferentes sectores.

O obxectivo do proxecto é desenvolver de xeito máximo o potencial do Concello de Poio, proporcionar información para ofertar un xiro aos negocios da zona, para analizalos de maneiras diferentes e innovadoras, e poder aportar un amplo abano de coñecementos para acadar novas oportunidades. Todo isto desde o punto de vista da responsabilidade e con carácter sustentable.

Máis información 986770001, ext. 1260 ou escribindo a pEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

Vindeiros Eventos

17 Nov 2018
11:00 AM -
Cinema e Muller