Os membros do Consello Municipal de Cultura que valoraron a totalidade de traballos presentados,  e a súa Presidenta, a Concelleira de Cultura, Lidia Salgueiro Piñeiro, trasladan os seus parabéns a cada un dos gañadores, e o agradecemento a todos os/as participantes que se presentaron ao concurso, así como a imprescindible colaboración do profesorado dos centros participantes nesta iniciativa.

1.- CARACTERÍSTICAS DOS/AS PARTICIPANTES

a) neste concurso poderán participar tódolos/as rapaces/zas empadroados e/ou escolarizados en Poio menores de 18 anos, de xeito individual ou en grupo.

b) cada participante poderá presentar unha soa obra.

c) todas as obras deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas nin publicadas

O Concello de Poio a través da Programa Poio Móvese promovido pola Concellería de Deportes, pon a disposición de toda a cidadanía 5 rutas de sendeirismo para coñecer o noso concello facendo deporte. As 5 rutas son de diversas dificultades e lonxitudes e están especialmente deseñadas para o disfrute de todos.

A Festa dos Maios é unha das festas municipais máis ancestrais así como vistosa, grazas á involucración ano tras ano da veciñanza. Unha festa de unión e convivencia onde participan maiores, mozos e cativos, pasando a sabedoría popular de avós a pais e de pais a fillos e conservando así viva a nosa cultura.

Vindeiros Eventos

13 Dec 2018
08:00 PM -
Conversa con Xerardo Moscoso
15 Dec 2018
06:00 PM -
XVIII Festival de Panxoliñas
26 Dec 2018
08:00 AM -
CampaNadal 2018
30 Dec 2018
07:00 PM -
María Fumaça - Espectáculo Infantil
02 Xan 2019
08:00 AM - 12:00AM
CampaNadal 2018