Facebook
Twitter
Youtube
Contacto

O Concello de Poio se adheriu o punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado, denominado FACe, punto xeral de entrada de facturas que comezou a funcionar con carácter obrigatorio o pasado 15 de xaneiro de 2015.

Todos os provedores que entregaran bens ou prestasen servizos a este Concello poderán expedir e remitir factura electrónica. En todo caso, de acordo co artigo 4º da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica, estarán obrigados o uso da factura electrónica e a súa presentación a través do punto xeral de entrada os seguintes proveedores:

  • Sociedades Anónimas
  • Sociedades de responsabilidade limitada
  • Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española.
  • Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos termos que establece a normativa tributaria.
  • Unións temporais de empresas
  • Agrupacións de interese económico, Agrupacións de interese económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital de riesgo, Fondo de inversiones, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización del mercado hipotecario, ou Fondo de garantía de investimentos.

De acordo coas Bases de Execución do Orzamento, o Concello de Poio exime da obriga de presentación de facturación electrónica aquelas facturas cuxo importe sexa igual ou inferior a 5.000€.

¿COMO REMITIR AS FACTURAS?

Os proveedores para remitir as súas facturas deberán facelo a través de FACe no seguinte enlace https://face.gob.es

Para a remisión de facturas necesitarán dun Certificado Dixital válido emitido por calquera das entidades de certificación recoñecidas.

No seguinte enlace poden consultar e remitir facturas e descargar a aplicación para xeralas www.administracionelectronica.gob.es/es/ctt/face

A aplicación permite anexar documentos polo que este Concello esixe a incorporación da factura en formato PDF a efectos da súa tramitación; nesta factura en formato PDF se deberá indicar o código IBAN da conta bancaria onde se transferirá o importe da factura logo da súa aprobación.

CÓDIGOS DIR3 DO CONCELLO DE POIO

Os Códigos do Concello de Poio para a presentación dunha factura electrónica son os seguintes:

  • Oficina contable: L01360412 Ayuntamiento de Poio
  • Unidade tramitadora: L01360412 Ayuntamiento de Poio
  • Órgano xestor: L01360412 Ayuntamiento de Poio

NORMATIVA APLICABLE

  • Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación dun rexistro contable no Sector Público.
  • Portal da factura electrónica do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
  • FACe