Facebook
Twitter
Youtube
Contacto

 A modificación do Código Civil pola Lei 35/1994, concede a posibilidade de contraer matrimonio civil diante do Alcalde ou concelleir@ en quen delegue, conforme ás ausencias do Alcalde.

 ¿Qué documentos hai que achegar ?

 Para a celebración do matrimonio civil no Concello de Poio non hai que estar empadroado no concello, pero é necesario:

  • PRIMEIRO - Tramitar a solicitude no Rexistro Civil de Poio, encargado de autorizar ao noso Concello para a celebración da voda.

    - Enderezo do Rexistro Civil: Rúa Castelao nº 5, BX-3  36995 SAN XOAN DE POIO

    - Teléfono do Rexistro Civil : 986 771 050
  • SEGUNDO - Presentar no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación:

    - Solicitude de casamento.

    - Documento acreditativo do pago da taxa correspondente que é de 70 €.

    - Fotocopia do DNI dos contraentes.

    - Fotocopia do DNI dos testigos que asistiran a cerimonia.

Data

Pódese elixir día e hora chamando ao número de teléfono 986 770 001. A data reservarase tres semanas, se neste prazo non se presentase a solicitude, a reserva quedará sen efecto.

A solicitude coa documentación necesaria deberá presentarse polo menos 15 días antes da voda.

Horario

As cerimonias de matrimonio civil no Concello de Poio teñen unha duración aproximada de 15 a 30 minutos e realizaranse no salón de Plenos do Concello.

  • Calquera día laborábel de 8.00 a 13.30 horas.
  • Os Venres, pola tarde de 17.00 a 20.00 horas.
  • Os Sábados: pola mañá de 11.30 a 13.00 horas, e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas.
  • Non se celebrarán vodas nin os Domingos nin os festivos.

Organización

Para unha mellor organización da cerimonia deberase chamar ao teléfono 986 770 001 para indicar :

  • Número aproximado de asistentes á cerimonia.
  • Música: poderán contratar pola súa conta música en directo ou traer un equipo de música.
  • Adornos florais : poderán adornar persoalmente ou a través dunha floraría.
    - Horarios para adornos : colocaranse 30 minutos antes do comezo da cerimonia e retiraranse ao finalizar a cerimonia civil. De haber outra voda antes o tempo para adornar reducirase a 15 minutos.
  • Aneis (non son obrigatorios) : antes da cerimonia indicarán a persoa que os leva.
Go to top