Máis Cultura

Consulta aquí o catálogo de grupos do Concello de Poio

Accesos rápidos

Queres formar parte do directorio cultural do concello?

Máis Cultura

Logo da publicación no Boletín da Provincia das bases do Plan Músico Cultural do Concello de Poio, impulsado pola Concellería de Cultura, xa está aberto o prazo para a petición de solicitudes, así como para a adhesión de grupos folclóricos e de música popular ao catálogo virtual. Esta iniciativa nace co obxectivo de facilitar e garantir o mantemento da actividade musical dos grupos locais nas programacións das festas do concello, ademais de axudar a dar visibilidade ao seu traballo, ao mesmo tempo que impulsa un catálogo virtual que se actualizará de xeito regular, modernizando, deste xeito, o proceso de inscricións.

O plan contempla un orzamento de 16.000 euros, que poderán ser solicitados por colectivos que figuren no Rexistro de Asociacións Municipal e Comisión de Festas, e que se destinarán á contratación de actuacións de agrupacións folclóricas e grupos e artistas de música tradicional. Os organizadores das celebracións poderán solicitar as axudas cunha antelación mínima de 20 días naturais previos á data da actuación que se desexe contratar. Ademais, deberán ser tamén os propios organizadores os que contacten cos colectivos que desexen  contratar, a fin de concretar os detalles da actuación, tal e como se establece nas bases.

Tanto a tramitación de axudas como as solicitudes para formar parte do catálogo virtual realizaranse a través da Sede Electrónica do Concello de Poio.

Consulta as bases

Solicitude de grupos

Scroll al inicio