fbpx

O Concello de Poio, xunto coa SCD Raxó e coa colaboración do Consello Municipal de Cultura, convocan unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto do que este ano se celebra o trinta aniversario, coincidindo ademais co dez anos do pasamento de D. Xaime Illa Couto. O concurso rexerase polas senguintes bases:

>> VER BASES | DESCARGAR BASES

1) Ámbito xeográfico:

  • Ata 17 anos: será requisito ter empadroamento no concello de Poio ou matrícula nun centro educativo deste concello.

  • De 18 anos en diante: a participación non ten limitación xeográfitca sempre que se cumpran as demais normas do concurso.

2) Os traballos serán de carácter individual e inéditos, quedando expresamente prohibido plaxiar, copiar ou reproducir traballos alleos.

3) Cada participante poderá presentar un único traballo por modalidade.

4) O tema será libre.

5) Os traballos deberán ser escritos en lingua galega.

6) As modalidades do concurso serán dúas:

  • Relato curto ou conto.

  • Poesía.

7) A extensión dos traballos será como máximo de tres folios por unha soa cara (para relato curto ou conto) e dun folio por unha soa cara (para poesía).

Os traballos mecanografados entregaranse a tamaño de letra 12 e espazo interlineal dobre. Os traballos manuscritos entregaranse nun formato lexible.

8) Os traballos serán entregados en calquera dos seguintes centros:

  • a) Concello de Poio: no servizo de Cultura ou por correo certificado (Praza do Mosteiro 1, 36995, San Xoán de Poio)
  • b) Centros educativos de Poio: CEIP Viñas, CEIP Lourido, CEIP Isidora Riestra, CEIP Chancelas, CEIP Espedregada e no IES de Poio.
  • c) Locais das Asociacións colaboradoras e membros do Consello Municipal de Cultura: S.C.D. de Raxó; S.C.D. de Samieira; Ateneo Corredoira de Combarro; Asociación Boureante da Seara; Asociación Vides Novas de San Salvador.

9) Entregaranse dous sobres pechados:

  • No interior do SOBRE 1 incluirase o traballo a presentar.

  • No interior do SOBRE 2 incluiranse os datos persoais do participante (nome, idade, enderezo, teléfono, así como curso e centro de ser o caso).

    No exterior de ambos os dous sobres deberá constar a idade, modalidade, categoría e título do traballo (ver punto 12 destas bases).

 

10) O xurado estará formado por unha representación elixida para o efecto polo Consello Municipal de Cultura. O xurado determinará a necesidade de recorrer ao asesoramento de técnicos/as na materia. A presidencia de honra do xurado permanecerá vacante en lembranza de Don Xaime Illa Couto. O fallo do xurado será inapelable.

11) O Consello Municipal de Cultura resérvase o dereito de publicar e/ou facer o uso que considere oportuno dos traballos presentados.

12) As categorías son as seguintes:

- Categoría A: de 6 a 8 anos*.

- Categoría B: de 9 a 11 anos*.

- Categoría C: de 12 a 13 anos*.

- Categoría D: de 14 a 15 anos.*

- Categoría E : de 16 a 17 anos.*

- Categoría F: de 18 anos* en diante

* Idade cumprida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

13) Os premios serán os seguintes:

  • CATEGORÍAS A, B, C, D: premio de 70 euros (para cada unha destas catro categorías e nas dúas modalidades), diploma e agasallo conmemorativo.
  • CATEGORÍA E: premio de 90 euros (para cada unha das dúas modalidades), diploma e agasallo conmemorativo.
  • CATEGORÍA F: premio de 300 euros (para cada unha das dúas modalidades), diploma e agasallo conmemorativo.

14) O prazo de entrega dos traballos rematará o mércores 20 de abril ás 14 horas.

15) O xurado fallará os premios o martes 10 de maio ás 20.30 horas.

16) O xurado poderá considerar deserto os premios do grupo F, no caso de que os traballos presentados non acaden unha calidade aceptable.

17) A entrega de premios realizarase no transcurso do acto que se celebrará o martes 17 de maio de 2022, ás 17.30 horas, no salón de actos do Centro Cultural Xaime Illa Couto (Raxó).

18) A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

 

 

 

Go to top