fbpx

A Bolsa Municipal de Emprego, é un sistema intermediario entre os demandantes de emprego e os ofertantes do municipio, que baixo a tutela da Concellería de Promoción Económica, pretende axilizar e fomentar o desenvolvemento económico e laboral no Concello.

Requisitos para poder inscribirse na bolsa de emprego:

  • Persoas maiores de 16 anos

  • Estar empadroado no Concello de Poio

Inscrición

Cumprimentar a fichas tipo e presentación da adhesión na oficina de rexistro municipal, polos medios legais establecidos.

Funcionamento da bolsa

Unha vez comunicados os datos polo usuario, comunicaránselle as ofertas de emprego coincidentes co seu perfil, proporcionadas polas empresas do municipio, previamente notificadas da existencia do servizo e adheridas ao mesmo.

En todo momento o procedemento de recollida e tratamento de datos axustarase as prescricións do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo sobre Protección de Datos.

Formularios de adhesión: empresas e cidadáns

 

Go to top