fbpx



A concelleira de Seguridade Cidadá e Deportes, Marga Caldas (BNG), pasou revista este xoves ás obras de mantemento que se están a desenvolver desde hai unhas semanas no parque infantil emprazado nas inmediacións da Praza da Granxa, no núcleo de Campelo. As obras están practicamente listas. A edil do Goberno local lembrou que o Concello desenvolve esta actuación para efectuar unha serie de arranxos na área, dado o seu deterioro. Ademais da posta a punto dos elementos e xogos que o precisan, tamén se está a substituír o valado de madeira que rodea estas instalacións, que, tal e como sinalou Caldas Moreira, son moi utilizadas polas crianzas da contorna.

Durante estes días procedeuse, a maiores, a dotar ao parque dunha superficie de céspede sintético, garantindo así “unha maior comodidade e seguridade para os cativos e cativas”. Esta actuación súmanse a outros traballos que o Concello tamén está a efectuar en espazos ao aire libre tanto en Campelo como noutras áreas de lecer do municipio. Neste sentido, Caldas salienta que a renovación e dotación de lugares de encontro e de prácticas de hábitos saudables é un dos piares da campaña Poio en Verde, impulsada desde a Concellería de Medio Ambiente e na que tamén interveñen as áreas de Deportes, Cultura e Educación.

 

Go to top