fbpx

A edición de 2022 do Concurso dos Maios, a primeira que retoma o seu carácter presencial desde antes do inicio da pandemia, xa ten gañadores. Nunha xornada marcada polo gran ambiente que se viviu na explanada da Seca, os membros do xurado, que está composto polos integrantes da Comisión Informativa de Cultura, deron a coñecer as puntuacións dos participantes en cada unha das categorías.

VER GALERÍA

MELLOR CONXUNTO

1º MAREPODIUM
2º VILARIÑO
3º MAIO MAIOLO

MELLOR COPLA

1º FONTENLA
2º LARETAS
3º PIMPÍN

MELLOR ACTUACIÓN

1º FONTENLA
2º LARETAS
3º MAREPODIUM

MELLOR MAIO

1º VILARIÑO
2º MAREPODIUM
3º MAIOLO/PEQUEMAIO

MELLOR COROA

1º VILARIÑO
2º MAIOLO/MAREPODIUM
3º FONTENLA

MELLOR BARCO GALEGO TRADICIONAL

1º VILARIÑO
2º FONTENLA/LARETAS
3º MAREPODIUM

A concelleira de Cultura, a nacionalista Raquel Rodríguez, quixo salientar o gran traballo e a enorme calidade das composicións das coplas, actuacións e deseños realizados por todos e todas as participantes, o que fixo que "a votación non resultase nada doada". Nesta edición do evento presentáronse un total de sete maios:  Fontenla, Laretas, Pequemaio, Maio Maiolo, Vilariño, Marepodium e Pimpín. Cómpre lembrar que o Concello de Poio repartiu máis de 5.000 euros en premios. Ademais das contías obtidas polos tres primeiros clasificados en cada categoría, tamén se entregaron 200 euros e dúas roscas a cada un dos mais que tomaron parte nun concurso que "é a guinda a un festexo cunha arraigada tradición e que serve como elemento de cohesión do noso tecido educativo e social", aseverou Raquel Rodríguez.

Xa pola tarde, a Praza da Chousa acolleu a Mostra de Maios, organizada polo Concello e polo Ateneo Corredoira, e que causou tamén unha enorme expectación entre a veciñanza e a xente que gozou da xornada dominicial en Combarro. A Concellería de Cultura quere agradecer tamén a participación da Asociación Vides Novas e da Escola de Música Tradicional de Poio, que foron os colectivos encargados de amenizar as dúas citas con sendas actuacións musicais.

 

Go to top