fbpx

A concelleira de Benestar Social e Mocidade, a socialista Rosa Fernández, informa de que aínda quedan prazas libres para poder inscribirse na segunda sesión de Andainas de primavera, unha actividade aberta a persoas de todas as idades (en caso dos e das menores, deberán estar acompañadas por unha persoa adulta). A través desta iniciativa ofrécese á cidadanía a posibilidade de coñecer diferentes lugares de interese da provincia de Pontevedra, a través de rutas guiadas.

Logo do éxito acadado na estrea da programación, cunha saída a Castrelo (Cambados), a segunda sesión será este domingo 8 de maio, con destino a Pontesampaio (Pontevedra), onde un guía dará a coñecer as peculiaridades da historia e do patrimonio deste enclave. A saída será da rotonda da Barca ás 9.30, con regreso ás 13.45 aproximadamente. As seguintes excursións serán á fervenza do Segade, en Caldas de Reis (15 de maio),  Cangas do Morrazo (día 5 de xuño), onde se cubrirá a súa senda costeira;a ruta da Liberdade, con concello da Lama (día 12), e  á Senda de Barragán, en Pazos de Borbén (día 19).

A concelleira de Mocidade lembra que as persoas interesadas en inscribirse nesta actividade, que é totalmente gratuíta, poderán facelo chamando ao número de teléfono 986872401 ou enviando un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Tamén é posible darse de alta de xeito presencial, nas dependencias da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), na Casa Rosada. Tan só é preciso realizar un depósito de 10 euros, que será devolto antes da saída.

 

Go to top