fbpx

O Concello de Poio conta cun novo vehículo para o departamento de Obras e Servizos Municipais. Trátase dun camión URO 4x4, equipado con grúa, que se utilizará para a realización de traballos de mantemento no rural. O alcalde, Luciano Sobral, acompañado polo concelleiro responsable deste departamento, o socialista Julio Casás, recibiu o pasado venres o automóbil, de mans de representantes da firma UROVESA. Tal e como explicou o rexedor local, o vehículo presenta unha anchura máxima de 2,10 metros, o que facilita o desenvolvemento das tarefas en camiños estreitos. A grúa pode chegar a alcanzar unha altura máxima de 15 metros e vén equipada cun portaoperarios, de xeito que se poidan levar a cabo actuacións como a poda de árbores de gran altura ou reparacións no tendido eléctrico.

O Concello vén de investir máis de 240.000 euros na adquisición este automóbil, con cargo ao préstamo tramitado hai uns meses. Esta adquisición súmase á realizada hai menos de dous meses, cando a Administración local sumou ao seu parque móbil de Servizos Municipais unha pick up con cesta elevadora, destinada ao persoal de Electricidade. “Este tipo de xestións son necesarias e prioritarias, xa que a dotación de materiais e vehículos de calidade é imprescindible para facilitar o labor que realizan os operarios municipais”, sinalou o alcalde Sobral.

Luciano Sobral aproveitou para lembrar que nestes meses vénse de reforzar o persoal de Servizos Municipais, a través da liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de garantir o aumento de frecuencias en labores de limpeza, desbroce e mantemento.

 

Go to top