fbpx

A Concellería de Mocidade, dirixida pola socialista Rosa Fernández, informa de que proximamente se desenvolverá na Finca de Besada un curso de formación en primeiros auxilios. En principio, está previsto que as sesións, que serán impartidas por integrantes da Cruz Vermella, teñan lugar os martes e xoves, de 16.30 a 20.30 horas. A formación está dirixida a persoas maiores de 16 anos e ofrece contidos e técnicas básicas para poder actuar en situacións de emerxencia. A duración do curso será de 40 horas e terá un prezo de 55 euros. A inscrición está parcialmente subvencionada polo propio departamento de Mocidade.

Ademais, Rosa Fernández lembra que entre os días 13 e 17 de xuño tamén se levará a cabo un curso de manipulación de produtos fitosanitarios, a través do cal se tratarán contidos como as principais pragas e enfermidades que poden afectar aos cultivos, así como a clasificación e etiquetado destes produtos e as fórmulas de uso dun xeito seguro. O horario será de 17.00 a 21.00 horas. Técnicos de Ara Formación serán os encargados de impartir as clases. Neste caso, o prezo é de 50 euros e tamén está financiado en parte polo Concello.

A titular de Mocidade sinala que xa están abertos os prazos de inscrición para ambas formacións. No caso do de primeiros auxilios, daranse a coñecer as datas concretas para o seu inicio no momento no que haxa suficientes persoas anotadas para organizar un grupo. As xestións poden realizarse poñéndose en contacto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), a través do número de teléfono 986872401 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Go to top