fbpx

O Concelleiro de urbanismo e Promoción económica o socialista Gregorio Agís e a Ministra de Defensa Margarita Robles mantiveron un encontro en Ferrol para valorar a Concesión demanial que entrou en vigor o 1 de Marzo de este ano e analizar a evolución dos acordos que se recollen no prego de dita concesión. Gregorio Agís fixo participe a ministra dos documentos que se están elaborando, das figuras de protección que están en tramitación e dos traballos que se levaron a cabo na illa de Tambo de mantemento, mellora e desbroce.

A ministra mostrou o máximo interese no Plan Director e Plan de usos que se está desenvolvendo dende o concello que permitirá recuperar e poñer en valor a illa dende a perspectiva ambiental, arqueolóxica e patrimonial e trasladou ao concelleiro a máxima colaboración do Ministerio de Defensa para configurar un documento que permita fixar os obxectivos de recuperación e posta en valor e avanzar xuntos nese propósito.

O concelleiro agradeceu a boa disposición e entendemento en todo o proceso que propiciou que a concesión se fixese realidade podendo dispoñer neste momento de un espazo de gran interese natural. Patrimonial e histórico que merece se ambiciosos nos obxectivos. Do mesmo xeito quedaron emprazados para seguir traballando man a man para avanzar na transferencia definitiva da titularidade da Illa pechando deste xeito todo o proceso de transferencia.

 

Go to top