Tras a xuntanza de traballo mantida no pasado mes con representantes da Asociación de Persoas con Discapacidade da comarca de Pontevedra Amizade, o Concello adquiriu o compromiso de impulsar iniciativas que sirvan para concienciar á sociedade sobre o bo uso das prazas e espazos reservados para persoas con problemas de mobilidade.
Unha vez realizados os traballos de accesibilidade procederase ao repintando e sinalización vertical para deixar estas prazas en perfectas condicións de sinalización e accesibilidade. A concelleira de Seguridade Cidadá lembra que o Concello de Poio xa executou traballos de mellora e reforzo da sinalización de varias prazas de estacionamento reservado así como a creación de novos estacionamentos, situadas en diferentes puntos do municipio.