Esta semana, na Casa do Concello, o Concelleiro de Promoción Económica fixo entrega dos diplomas acreditavos de formación teórico-práctica que o alumnado do Centro de Formación A Reiboa realizou nos cursos de Loxística e Distribución ( con carretilla elevadora), Expedición de Combustible, Limpeza hospitalaria e Recepción en Aloxamentos turísticos. As catro formacións foron de alomenos 80 horas de duración e estiveron compostas por formacións específicas e prácticas en empresas de cada sector.
Xa está aberto o prazo de inscrición de vindeiros cursos formativos a partir de setembro nás áreas de Caixa e Reposición ( xa completo), Reciclaxe e Moda, e Dixitalización (niveis básico, medio e avanzado) no Centro de Formación A Reiboa.
Para inscrición e máis información sobre programas, servizos e actividades da Concellería de Promoción Económica deberán dirixirse ao teléfono 986770001 extensión 1260, na páxina de Facebook “Concellería de Promoción económica – Concello de Poio” ou no mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.