fbpx



Máis dun cento de nadadores participarán na I edición da Volta a Nado Illa de Tambo – Concello de Poio que terá lugar o vindeiro 21 de agosto con dous percorridos de 4,5 e 6 km. As inscricións estarán abertas ata o 16 de agosto (incluído) na web www.championchipnorte.com. Ata a data hay nadadores inscritos procedentes de 11 comunidades autónomas ( Galicia, Madrid, Asturias, Andalucía, Cantabria, Baleares, Cataluña, Valencia, Canarias, Castilla-La Mancha e Murcia). Esta competición, organizada polo Concello de Poio e Atlantic Extreme Sportas, ten como obxectivo ser unha das citas de natación máis importantes de Galicia no verán.

Esta mañá presentouse a rolda de prensa da proba na Praza da Chousa (Combarro), e contou coa presencia do alcalde de Poio, Luciano Sobral; as concelleiras de Deportes e Cultura de Poio, Marga Caldas e Raquel Rodríguez, respectivamente; o Xefe do Órgano de Apoio da Dirección da Escola Naval Militar de Marín, o capitán de fragata Víctor Villar Mielgo; a Marina Manager de Marina Combarro, María Santoro; o director do Diario de Pontevedra, Miguel Ángel Rodríguez; a directora en funcións de ABANCA en Combarro, Paula Castro; María Troncoso, en representación de Coca-Cola Europacif Partners, e a directora da organización de Atlantic Extreme Sportas, Beatriz Alvariño Día del Río. Na presentación, Beatriz Alvariño destacou a importancia deste evento que ten como obxectivo a posta en valor da riqueza natural, patrimonial e histórica de Tambo nun ano tan importante, que coincide coa cesión da illa por parte do Ministerio de Defensa ao Concello de Poio e maila conmemoración do 50 aniversario da declaración do núcleo de Combarro como Conxunto Histórico-Artístico.

Ma súa intervención Alvariño agradeceu o apoio do Concello de Poio, ademáis de patrocinadores e colaboradores para celebrar a primeira edición desta proba en Combarro, e resaltou a espectarularidade dos dous percorridos se disputarán na Ría de Pontevedra. Dunha banda, a proba de 6.000 metros, que comezará ás 11:00 horas dará a volta completa á illa de Tambo, percorrendo o faro de Tenlo Chico e a praia de Adreirá, proba na que se agarda a máxima participación. Por outra banda o percorrido de 4.500 metros, que sairá ás 11:40 horas, no que os participantes irán ata a praia de Area da Illa, no norte de Tambo, conde farán un control de paso voltarán ao mesmo punto de partida.

A saída e chegada da travesía estará na Praza da Chousa conde estarán as zonas de avituallamento e entrega de premios. “Agardamos que se achegue moita xente a presnciar a proba, xa que poderá seguirse desde distintos puntos de Combarro”, apuntou Alvariño. Durante a travesía desplegarase un forte dispositivo de seguridade no mar, que estará coordinado pola Asociación Búsqueda e Salvamento de Galicia, e contará co apoio de Protección Civil de Poio, a Escola Naval Militar de Marín, Marina Combarro, o Club Marítimo de Raxó, Nauta Sanxenxo, Guardia Civil do Mar, PescaCíes, Paddel Surf Sanxenxo e a Asociación de Voluntarios Vodea.

Entregaránse 28 premios nas dúas distancias, aos tres primeiros clasificados/as con e sen neopreno, ao nadador máis xoven e veterano, á primeira/o nadador censado en Poio, e medallas para otra tres primeiros clasificados/as nas 12 categorías por idades na distancia de 6.000 metros.

A travesía conta co patrocinio do Concello de Poio, Deputación de Pontevedra, Abanca, Supermercados Froiz, Suzuka Móbil y Móvil Auto Concesionarios, e a colaboración de Coca-Cola, Frutas Sol, Arena, Marina Combarro, 226ers, Asociación Búsqueda e Salvamento de Galicia, Protección Civil de Poio, Restaurante Tinta Negra,
Restaurante O Peirao de Rial, Landín Informática, Club Náutico de Raxó, Asociación, Vodea, Cruceros Pelegrín, Diario de Pontevedra, Clubnatacion.com, paddle surf Sanxenxo, PescaCíes y la Academia Gallega de Masajistas (AGAMA).

 

Go to top