fbpx

Co obxectivo de promover e potenciar o emprendemento no noso municipio, a Concellería de Promoción Económica pon en marcha o programa VITA, un sistema de formación con acompañamento para persoas con negocios.


A través do programa VITA preténdese sentar bases para o desenrolo dunha actividade sostible creando novas oportunidades profesionais a través da creación dunha rede de persoas emprendedoras no Concello de Poio mediante un programa de oito meses de duración que dará comezo en novembro.

PROGRAMA+HORARIOS | www.carladepont.com

O programa, impartido por Carla d´Pont, divídese en varias fases, como son a implantación das bases do negocio online e a creación dunha marca, o desenrolo de visibilidade a través da aprendizaxe da escritura de articúlaos con nocións de SEO ou a resolución de dúbidas sobre o negocio de marca persoal mediante a creación de redes e conexións profesionais.

Carla d´Pont, é doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Vigo e conta con máis de oito anos de experiencia internacional en comunicación e ventas en Austria. No último ano asesorou e formou a máis de setenta persoas que emprendían proxectos e máis de 7 países. Ademais participou activamente en comunidades de mulleres impartindo formación sobre negocios dixitais e marca persoal.

Vita contará con vinte prazas de carácter gratuíto, e as inscricións poderanse facer no teléfono 986.770.001 ext. 1260 o en el correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Go to top