fbpx

O Casal de Ferreirós acolleu este martes a que foi a primeira da nova quenda de charlas informativas sobre eficiencia no consumo enerxético, organizadas a través do programa EcoInnova Poio. Trátase dunha iniciativa pioneira no municipio que comezou a sua andaina a finais de 2022 e que está impulsada pola Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, dirixida polo socialista Gregorio Agís. Nesta cita, o técnico especializado Diego Padín abordou cuestións vencelladas a acadar un consumo responsable en vivendas particulares, se ben tamén se deu resposta a dúbidas e cuestións máis relacionadas con negocios e establecementos.

Deste xeito, durante a charla fíxose mención a medidas de aforro e pautas de actuación que axudan a reducir os custes do recibo da luz. Entre a información práctica achegada por Padín destacaron cuestións como o feito de que unha neveira ou un conxelador cheo sempre vai consumir menos que se están baleiros. Ademais, constatou que o microondas é un dos electrodomésticos máis eficientes no consumo. A características dos programa ‘Eco’ en lavadoras ou as características que hai que ter en conta á hora de adquirir un novo electrodoméstico foron outros dos asuntos tratados.

O edil de Promoción Económica e Urbanismo valora positivamente este primeiro encontro de 2023 e lembra que o programa terá continuidade nas vindeiras semanas. Así, o mércores 15 terá lugar unha nova charla, esta vez no Centro de Formación da Reiboa, na que se falará de subvencións e achegas relacionados coa fotovoltaica. Ademais, Gregorio Agís que desde o Programa EcoInnova Poio ofrécese asesoramento individualizado a particulares e negocios. Pódese obter máis información chamando ao 625120475 ou enviando un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., así como na páxina web www.ecoinnovapoio.gal. A día de hoxe son preto de 60 as persoas adheridas xa á iniciativa, ás que hai que sumar todas as asistentes ás charlas realizadas desde decembro.

 

Go to top