Na tarde de onte, o Consello Municipal de Cultura aprobaba as bases que rexerán o Concurso de Tarxetas de Nadal 2018. Ditas bases foron trasladadas, está mañá, a todos os Centros Educativos deste Concello e publicaranse nas redes sociais e na web municipal, para que todas aquelas crianzas que queiran participar deste concurso teñan coñecemento dos requisitos que deben asumir.
Dende a Concellería de Cultura e Festexos, dirixida por Lidia Salgueiro, queren animar á participación e agardan que a resposta sexa a mesma que nos últimos anos.
A tarxeta que resulte elixida polo Xurado, formado polos representantes dos colectivos membros deste órgano, será a tarxeta que o Concello de Poio utilizará como felicitación institucional para as festa navideñas. A entrega de premios terá lugar no marco da recepción previa ao inicio da cabalgata, que nesta edición, multiplícase grazas ó apoio de mais dun centenar de persoas dos colectivos culturais integrados na rede de espazos municipais e dos patrocinios cos que se está a traballar.
Unha vez mais, contamos con que o cinema e a ilusión estean presente neste Nadal. A creatividade da nosa mocidade e das crianzas, premiada neste concurso, marca o punto de partida da programación, que dende o departamento municipal de cultura e festexos, está a preparar co gallo destas datas festivas. Seguindo as liñas marcadas polo programa DINAMIZAPoio, a lingua galega, a posta en valor dos espazos públicos e a divulgación do noso patrimonio cultural e monumental serán o eixo sobre o que xirarán todas as actividades.
Apostarmos por manter as propostas para o público familiar, con espectáculos de referencia na nosa comunidade, como acontecía o ano pasado coa visita dos Bolechas. O saúda dos Reis Magos polas parroquias e a Cabalgata do día 5 de xaneiro, poñerán punto e final a un mes cheo de alternativas para todos os públicos.
Este ano imos viaxar en Metro para espallar o Nadal en Poio. Atent@s a todas as paradas, confluencias, liñas e estacións.
BASES CONCURSO TARXETAS DE NADAL 2018
PARTICIPANTES
Poderán participar todos os rapaces e rapazas de Poio, menores de 18 de anos, cun único traballo por autor/a.
CARACTERÍSTICAS DA TARXETA
- - Tamaño: A-4 dobrado á metade
- - Idioma: Galego
- - As tarxetas presentaranse sen sinatura, debendo levar ao dorso os datos do/a autor/a: Nome, apelidos, idade, enderezo, localidade, parroquia, teléfono e/ou correo electrónico.
LUGARES DE ENTREGA
- CEIPs: Vinas, Lourido, Isidora Riestra, Chancelas, Espedregada.
- I.E.S Poio.
- Locais das Asociacións colaboradoras e organizadoras.
- Area da Concellería de Cultura e Festexos no concello, ou ben no rexistro xeral.
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN: mércores, 14 de novembro.
XURADO
O Xurado reunirase na Casa Consistorial o mércores 21 de novembro para fallar o Concurso.
PREMIOS
- Será premiada unha tarxeta de cada unha das cinco parroquias.
- Entre as cinco tarxetas premiadas seleccionarase unha, que será editada como a postal de felicitación institucional do Concello de Poio.
* Contía: Cinco premios de 60€ en metálico e agasallo conmemorativo.
- Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, quedando expresamente prohibido plaxiar, copiar ou reproducir traballos alleos. Se isto se producira, prohibirase a participación neste Concurso en edicións posteriores; e de ser premiado procederase a retirar o premio.
- As obras gañadoras quedarán en propiedade do Concello de Poio.
- O/a autor/a cedera exclusiva e irrevogablemente ao Concello de Poio o dereito de impresión ou reprodución, total ou parcial, en calquera modalidade, así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria, polo que poderán realizar as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación a soportes, técnicas ou tamaños necesarios.