fbpx

Despois da súa estrea en febreiro, o programa ‘Letras Maiores’, impulsado pola Concellería de Benestar Social, en colaboración coa Biblioteca Municipal, viviu o pasado xoves a súa segunda sesión en Campelo. Trátase dunha iniciativa que ten coma obxectivo fomentar hábitos de lectura entre as persoas maiores. De momento, xa foron preto de 20 os veciños que solicitaron préstamos de libros (ofértanse uns 50 aproximadamente).

Unha das particularidades da actividade é que os tomos deposítanse nun caldeiro de zinc, en homenaxe a épocas pasadas, nos que tanto a roupa que se levaba aos lavadoiros como a comida para os animais transportábanse neste tipo de recipientes. Este caldeiro irá rotando periodicamente polos lugares nos que se levan a cabo as sesións do programa Saudemente, un dos eventos máis importantes que desenvolve o departamento dirixido por Rosa Fernández, a través do cal ponse a disposición das persoas maiores clases de memoria, obradoiros de manualidades ou actividade física e, desde hai aproximadamente un mes, libros para ler na compañía de familiares. Entre as obras que xa foron solicitadas polos participantes atópanse obras de diferente temática, como manuais de nós, libros sobre mitoloxía, contos ou mesmo recetarios de elaboración de conservas.

A próxima sesión de ‘Letras Maiores’ terá lugar na Seca, na parroquia de San Xoán. A Concellería de Benestar lembra que o período de préstamo é de 15 días. Cada un dos inscritos contará cun carnet personalizado.

Axenda Municipal

Sen eventos

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top