fbpx

O Concello de Poio enviou unha solicitude á Subdelegación do Goberno en Pontevedra para que proceda, en canto sexa posible, a realizar traballos de limpeza e desinfección no interior das dependencias do Centro de Maiores Ballesol, na parroquia de San Salvador. Trátase dunha medida que, tal e como sinala a concelleira de Seguridade, Marga Caldas, é “exclusivamente preventiva”. A día de hoxe non se ten producido ningún caso de contaxio entre os usuarios, nin ningún deles presenta síntomas vencellados ao Covid-19.

En todo caso, Caldas Moreira entende que esta medida “non está de máis”, toda vez que as instalacións prestan servizo a un dos colectivos máis vulnerables ante o coronavirus. Ademais, o Concello tamén solicitou a Valoriza que inclúa os exteriores destas dependencias no listado de lugares nos que está a reforzar as tarefas de limpeza, ás que hai que sumar zonas concorridas, como Centros de Saúde, farmacias ou tendas de alimentación, entre outras.

Tamén se está a realizar unha limpeza específica e pormenorizada das inmediacións do Centro Saraiva, a pesar de que as instalacións permanecen pechadas.

Axenda Municipal

Sen eventos

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top