fbpx

Mapa Intereactivo

Visita Virtual



A Concellería de Seguridade Cidadá confirmou que solicitará a dotación de auxiliares para reforzar ao plantel da Policía Local, a través do novo decreto anunciado pola Xunta de Galicia, que permitirá adiantar estas contratacións ante a situación xerada a raíz do decreto do estado de alarma e a situación de emerxencia actual. Ademais, Protección Civil tamén impulsará unha campaña para tratar de ampliar o número de voluntarios.

A todo hai que sumarlle as novas medidas de prevención que se están tomando. O Concello decreto o peche das instalacións do cemiterio municipal de San Xoán, que só abrirá as súas portas en caso de que se produza algunha defunción.


Por último, o Concello contactou cunha empresa local para encargarlle a fabricación de 1.000 mascarillas, que, en principio, estarán operativas a vindeira semana. Este material será repartido entre o persoal municipal, especialmente todo aquel que estea máis exposto á hora de realizar as súas tarefas habituais. Neste sentido, a Comisión de Seguimento do Covid-19 acordou na súa última sesión enviar unha petición á Subdelegación do Goberno en Pontevedra, á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e ao Servizo Galego de Saúde para que subministren este tipo de material aos traballadores e servizos que o precisen, mentres non se activen as medidas de compra centralizada anunciadas polo Estado español. Iso si, o Concello ten claro que a súa solicitude só debe ser atendida “unha vez estea cuberta por completo a demanda sanitaria”.

Axenda Municipal

Sen eventos

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top