fbpx

A Concellería de Educación está repartindo material escolar nos domicilios de 24 familias que se atopan en situación de extrema necesidade, o que imposibilita que os seus cativos poidan levar a cabo as súas tarefas escolares pendentes de levar a cabo por vía telemática. Trátase dunha actuación que está coordinada co departamento de Servizos Sociais, así como cos responsables dos propios centros educativos de Poio.

Deste xeito, ao longo destes días o persoal municipal será o encargado de trasladar o material aos domicilios destas familias. Esta actuación lévase a cabo no marco das iniciativas impulsadas desde a Concellería de Educación, para garantir que todos os alumnos e alumnas dos colexios e do IES do municipio poden continuar cos seus estudos desde os seus domicilios mentres permanezan pechados os centros educativos. O reparto, do que xa se deu conta na Comisión de Seguimento do Covid-19, prodúcese tras reunións mantidas pola titular desde departamento, Raquel Rodríguez, cos directores e directoras dos CEIPS e do Instituto. “Seguiremos traballando para garantir que todos os nenos contan coas ferramentas necesarias para continuar coa súa formación lectiva”, indica a concelleira de Educación, que, unha vez máis, salienta o gran labor e comportamento da rapazada á hora de afrontar esta situación. Agora, canto a Concellería como os centros están pendentes da decisión que a Xunta de Galicia tome sobre o futuro do último trimestre

 

Go to top