fbpx

Con respecto aos feitos acaecidos na tardiña de onte no poboado do Vao de Arriba, o Concello de Poio quere declarar ao respecto:

- Rexeitamos de xeito ROTUNDO E UNÁNIME o ataque violento e inxustificado recibido polos axentes da nosa Policía Local. Afortunadamente, ambos xa se atopan nos seus domicilios, despois de ser tratados durante a pasada noite no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

- Arestora continúan abertas as dilixencias para esclarecer os feitos e localizar a todos os responsables da agresión sufrida polos axentes, en colaboración coa Garda Civil. Polo de agora, xa foron identificadas oito persoas, para a súa posterior detención. Trabállase de xeito conxunto coa Garda Civil. Neste punto, agradecemos a colaboración amosada pola propia Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local de Pontevedra á hora de acudir a prestar apoio aos nosos axentes despois dos feitos de onte.

- O Concello quere amosar tamén o seu agarimo a todas e todos os cidadáns, corpos de seguridade, agrupacións e entidades de diversa índole que se puxeron en contacto coa nosa Administración local para trasladar os seus mensaxes de apoio e solidariedade.

- O Concello de Poio amósase orgulloso do labor que desempeñan todos e cada un dos integrantes da nosa Policía Local, especialmente nos últimos tempos, velando pola seguridade da veciñanza.

Axenda Municipal

Sen eventos

Vindeiros Eventos

Sen eventos

Go to top